Termodinámica química
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A termodinámica química é a parte da termodinámica que estuda os cambios de enerxía que se producen nos procesos de cambio químico:
- reaccións químicas
- cambios de fase como a ebulición ou a condensación
- formación de disolucións
Aplicando as tres leis da termodinámica, mediante o uso de funcións de estado como:
- Enerxía interna (denotada por U ou E)
- Entalpía (H)
- Entropía (S)
- Enerxía libre de Gibbs (G)
- Enerxía libre de Helmholtz (F ou A)
pódese describir a evolución e comportamento de estes sistemas.
A termodinámica clásica ocúpase do comportamento macroscópico dos sistemas estudados, describíndoos a través de funcións de estado, mentres que a termodinámica estatística ou mecánica estatística, relaciona esa descrición macroscópica coas propiedades dos átomos ou moléculas individuais que forman o sistema.