The Adventurer
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Adventurer
Dirección | Charles Chaplin |
---|---|
Guion | Charles Chaplin |
Produción | Charles Chaplin |
Protagonistas | Charles Chaplin, Edna Purviance, Eric Campbell, Henry Bergman, Albert Austin |
Xénero | Comedia |
Estudios | Mutual |
Estrea | 23 de outubro de 1917 |
Duración | 31 Min. |
Fotografía | Roland Totheroh |
Idioma | Pelicula muda |
The Adventurer (Charlot, presidiario/O aventureiro) é unha curtametraxe de 1917, protagonizada e dirixida por Charles Chaplin. Esta foi a súa ultima película para os estudos Mutual, e a ultima aparición de Eric Campbell.
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode conter detalles da trama.
Un grupo de policías busca na praia infrutuosamente un fuxitivo. O máis gordo deles ponse a descansar, e cabo del emerxe da terra Chaplin, con traxe de presidiario. O preso escapa ao ver os policías, sobe o outeiro, despois báixao e acaba escondéndose detrás das pedras e dálles patadas aos seus perseguidores cando pode. Escapa finalmente nadando polo mar, mentres os gardas lle disparan e o persiguen nun bote. No porto está Edna co seu pretendente, o xigante de grandes barbas e cellas (Eric Campbell). Subitamente aparece a mai de Edna afogándose, o xigante en vez de axudala ponse a pedir auxilio e a filla salta rescatar a mai. Chaplin aparece entón, salvándoos a todos, incluso ao xigante que acababa de caer por accidente, mais este traizóao e faille caer á auga, debendo ser rescatado na beira polo chofer das donas.
Lévano á súa casa, e cando desperta encóntrase nun traxe de raias, toca ao seu arredor e encontra barras de ferro, cre estar de novo no cárcere, mais aparece o mordomo que lle serve o almorzo, entende agora que está en boas mans.
Vístese para baixar e encóntrase nunha cea da alta sociedade, trata de conquistar a Edna. O seu rival, celoso, descobre no diario que é o fuxitivo buscado pola xustiza. Chaplin logra salvarse polo momento debuxándolle barba á foto do diario, mais o xigante, así e todo, chama á policía. Comeza unha persecución na casa, é un caos total: sobe polas escaleiras, baixa saltando do segundo piso, escóndese no piano, disfrázase de lámpada, e cando finalmente se cre a salvo un garda captúrao, mais Chaplin convénceo de que saúde coa man a Edna, e nese momento sóltao e realiza unha fuxida vertixinosa, perseguido sempre pola policía.