The Chicago Manual of Style
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Manual de Estilo de Chicago (CMS) é un libro de estilo moi reputada para o inglés americano, que regulamenta cuestións de estilo, preparación dos manuscritos e, en menor medida, uso. (Obsérvese que no mundo da publicación, estilo significa puntuación, uso de cursivas e negritas, maiúsculas, táboas, etc., non estilo de prosa). De feito, debido ás súas análises agudas de cuestións moi intrincadas da puntuación e o uso, utilízanno as editoriais de todos os países anglófonos e recibe cada vez máis consideración como fonte de autoridade pola comunidade de editores en lingua inglesa en xeral.
O CMS utilízanno habitualmente as editoriais e os editores como último recurso en asuntos de presentación adecuada de textos.
Publícao a Imprenta da Universidade de Chicago. A primeira edición, de 1906, intitulouse Manual de Estilo. En 2005 atópase xa na décimo-quinta edición. O CMS publícase en rústica e espérase unha edición dixital proximamente. O web sitio web do CMS fornece unha columna de preguntas e respostas e a posibilidade de pesquisa manual, permitida só para os membros.
[editar] Ver tamén
- Libro de estilo