The Cure
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Cure | |
---|---|
Robert Smith en concerto{{{caption}}} |
|
Orixe | |
País | Inglaterra |
Período | |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | |
Membros | |
Antigos membros | |
Web oficial |
The Cure é unha banda de rock inglesa, liderada por Robert Smith, que comezou a súa carreira a finais dos anos 70.
[editar] Biografía
Robert Smith, líder e único membro da banda dende a súa formación, naceu en Blackpool, Inglaterra, o 21 de abril de 1959, e mudouse de neno para a periferia da cidade de Crawley. Aos 16 anos montou cos compañeiros da escola a banda Easy Cure que sería o embrión da banda The Cure, precursora e principal divulgadora do rock que sería coñecido como gótico.
En 1977, Easy Cure participou nun concurso dunha discográfica alemana chamada Hansa. O premio era un contrato para a gravación dun disco. Easy Cure gañou o concurso, pero ao gravar o disco déronse conta de que os produtores o que querían era un novo Sex Pistols, o que fixo que Robert Smith deixase as gravacións e compuxese un tema ao respecto, "Do the Hansa". En 1978, unha demo coa canción "Killing an Arab" caíu nas mans de Chris Parry, executivo da discográfica Polydor. Impresionado coa música e principalmente coa actitude estraña e orixinal da banda, Chris resolveu pagar a producción dun sinxelo, sendo dende entón o seu empresario.
O sinxelo foi lanzado e seguido dun intenso traballo de divulgación e concertos, esgotando a primeira tirada rapidamente. A pesares de que a canción non chegou aos primeiros lugares nas listas (polo menos non cando foi lanzada), a boa repercusión foi suficiente para que a banda puidese gravar o seu primeiro long play, o clásico Three Imaginary Boys, en 1979. Nos Estados Unidos o disco foi lanzado en 1980 como Boys Don’t cry, engadíndoselle os sinxelos non existentes en Three Imaginary Boys.
Os sinxelos que seguiron, "Boys Don't Cry" e "Jumping Someone Else’s Train", serían éxitos aínda maiores. Ao final de 1979, The Cure xa tivera dous cambios de formación e dende entón ningún compoñente durou moito tempo. Proseguíu como un trio ata 1982 (Bob Smith na guitarra, voz e sintetizadores; Laurence Tolhurst como baterista, e despois teclista; e Simon Gallup no baixo).
O segundo álbum, 17 Seconds de 1980, marcou un avance na técnica de estudio da banda, con moita experimentación, teclados e arranxos moi elaborados, que os caracterizarían a partir de entón. É deste disco o seu primeiro gran hit, "A Forest". A banda converteuse nun éxito en Inglaterra e comezou a súa primeira xira mundial.
O terceiro álbum, Faith, editado en 1981, e o cuarto , Pornography, de 1982, marcaron a fase máis sombría de The Cure. Eses tres álbumes reflicten un período moi confuso de Robert Smith, que tiña problemas coas drogas e principalmente co alcohol. As letras son tristes pero destacan tamén os arranxos, onde Robert imprime toda a súa depresión.