The Fourth Protocol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Fourth Protocol é un videoxogo desenvolvido por Electronical Pencil en 1985, baseado nunha novela de igual nome de Frederick Forsyth, para ZX Spectrum, Commodore 64, Amstrad CPC e IBM PC.
É un xogo de estratexia no que o axente dos servizos de intelixencia británico John Preston ten a misión de recompoñer o Plan Aurora soviético.