The Rose
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Rose foi un teatro londinense isabelino. Foi o primeiro dos varios teatros que se abriron no Bankside, ao sul do río Támesis e fóra da xurisdición das autoridades da cidade de Londres, o que posibilitaba unha maior liberdade. Levantouse en 1587 por obra de Philip Henslowe e John Cholmley. Poligonal na forma, medía case 21 metros de diámetro e tiña capacidade para 2.000 persoas. En 1605 deixou de prestar servizo.