Tortoreos, As Neves
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santiago de Tortoreos é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 645 habitantes (338 mulleres e 307 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 716 habitantes.
[editar] Centros de bacherelato, Ciclos Formativos e Ensino Secundario
Nesta parroquia atópase o único centro de ensino secundario do Concello das Neves, que leva o nome de IES Pazo da Mercé (http://centros.edu.xunta.es/iespazodamerce/) no cal impártese o ensino secundario obrigatorio (de 1º a 4º da ESO), Bacherelato (dúas modalidades), Programa de Garantía Social, Programa de Diversificación Curricular e un Ciclo Formativo de grao medio sobre Explotación de Sistemas Informáticos.