Tostão
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tostão | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Eduardo Gonçalves de Andrade | ||
Alcume: | O Pelé Branco | ||
Data de nacemento: | 25 de xaneiro de 1947 | ||
Lugar de nacemento: | Belo Horizonte, Brasil | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | Retirado | ||
Posición: | Dianteiro, Mediapunta | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | |||
Goles: | 248 (Cruzeiro) | ||
Ano do debut: | |||
Clube do debut: | América Futebol Clube | ||
Ano do retiro: | 1973 | ||
Clube do retiro: | Cruzeiro |
Eduardo Gonçalves de Andrade (nado o 25 de Xaneiro 1947 en Belo Horizonte), coñecido mundialmente como Tostão, é un futbolista.
Como a maioría de xogadores brasileiros, tivo un alcume dende case o comezo da súa carreira. Este foi Tostao, a pequena moeda. Intelixentísimo no seu xogo e letal encarando ós gardamallas, é o máximo goleador da historia do Cruzeiro, pese á súa retirada con só 26 anos. No Mundial de Fútbol México 1970, formou un equipo letal con Pelé. Nese campionato alzouse co título mundial e formou parte do considerado mellor equipo da historia, con xenios como o propio Tostão, Pelé, Jairzinho, Gérson ou Rivelino.
Xusto antes dese torneo sufríu un desprendemento de retina por mor dun balonazo. A súa participación foi dúbida ata última hora, máis conseguíu recuperarse a tempo. Esta mesma mancadura provocou o seu retiro do fútbol pouco despóis á idade de 26 anos.
Abandonou totalmente o fútbol, rexeitando invitacións para comentar encontros ou incluso adestrar, dedicándose por completo á súa profesión de dentista. Ó fin, a mediados dos anos 90, voltou á escena pública como xornalista de deportes. Agora mesmo escribe unha columna semanal no Jornal do Brasil.