Tratado de Tui
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Tratado de Tui, foi celebrado en 1137 entre Afonso VII de Castela e León e o seu curmán, o infante D. Afonso Henriques, como término das hostilidades. Segundo parece, D. Afonso Henriques, sabendo que o emperador atopábase en mala posición no conflito co rei de Navarra, aproveitou a oportunidade favorable para, dacordo con este, entrar co seu exército en Galiza, tomando Tui, apoderándose dalgúns castelos por traición de quen os defendía e causando varios estragos na zona. Afonso VII recuperou Tui.
Algúns autores consideran que Afonso Henriques, na continuación da política de independencia de seus pais, evitou calquer acto que o levase á sumisión do curmán. Don Afonso Henriques nunca recoñeceu o curmán como emperador, e este tampouco non invocou tal facto nas relacións con Portugal, pero que o rei de León e Castela non renunciaba á súa supremacia móstrao a protesta que dirixiu a Euxenio III por ocasión do Concilio de Reims (1148) sen falar da intransixencia con que loitou até a fin da vida pola primacía eclesiástica de Toledo.