Troyes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Troyes é unha cidade do norleste de Francia, capital do departamento de Aube (10), xunto ó Sena.
"A cidade en forma de tapón de campo" (vista dende o ceo, é impresionante, coas súas árbores e canais debuxando o dito "tapón" a unhas 53 hectáreas do casco histórico), "o máis fermoso conxunto medieval de Francia". E aquí temos o secreto dos arqueólogos, que "as casas medievais" de Troyes son "case todas renacentistas" porque, tras o incendio xeral de 1524, os habitantes reconstruíron as súas casas "ó xeito de antes".
[editar] Administración
A "comunidade de aglomeración" de Troyes (CAT) agrupa 11 comunas: Bréviandes, La Chapelle-Saint-Luc, La Rivière-de-Corps, Les Noës-près-Troyes, Pont-Sainte-Marie, Rosières-près-Troyes, Saint-André-les-Vergers, Sainte-Savine, Saint-Julien-les-Villas, Saint-Parres-aux-Tertres e Troyes.
Troyes é a capital de sete cantóns:
- O 1º cantón está formado por unha parte de Troyes e polas comunas de Saint-Parres-aux-Tertres e Villechétif (14.323 habitantes);
- O 2º cantón está formado por unha parte de Troyes e polas comunas de Creney-près-Troyes, Lavau, Mergey, Pont-Sainte-Marie, Saint-Benoît-sur-Seine, Sainte-Maure, Vailly e Villacerf (16.438 habitantes);
- O 3º cantón está formado por unha parte de Troyes (14.789 habitantes);
- O 4º cantón está formado por unha parte de Troyes, por unha parte de La Chapelle-Saint-Luc e polas comunas de Barberey-Saint-Sulpice, Le Pavillon-Sainte-Julie, Payns, Saint-Lyé e Villeloup (15.515 habitantes);
- O 5º cantón está formado por unha parte de Troyes (10.034 habitantes);
- O 6º cantón está formado por unha parte de Troyes e polas comunas de Laines-aux-Bois, Saint-André-les-Vergers e Saint-Germain (19.012 habitantes);
- O 7º cantón está formado por unha parte de Troyes e polas comunas de Bréviandes, Rosières-près-Troyes e Saint-Julien-les-Villas (17.010 habitantes).