Tucho Calvo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tucho Calvo (Xosé Benito Calvo Rego) (La Guaira, Venezuela), 1954) é un xornalista e escritor galego.
Pasou a súa infancia en Ortigueira. Traballa en La Voz de Galicia dende 1976. En 2002 dirixiu a colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, e posteriormente as de Autores Galegos en Castelán e a Biblioteca Galega de Clásicos Universais. Tamén é o responsable, xunto con Carmela González Boó, de Biblos Clube de Lectores.
[editar] Obra
- Froito das lembranzas, 1981 (novela)
- Pae s. XXI. No comenzo dunha nova historia da humanidade, 1982 (novela)
- Astra o confín, 1983 (relatos)
- El laberinto de Krochne, 1988 (narrativa xuvenil en castelán)
- Telúrico, 1997 (novela)
- Valentín Paz-Andrade, a memoria do século, 1998 (biografía de Valentín Paz Andrade)
- Luz de abrente, 1999 (narrativa)
- O xabaril branco, 2000 (novela)
- Corazón entre desertos, 2002 (relatos)