Ulysses
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ulysses é unha novela escrita por James Joyce, publicouse primeiro en forma de serie no xornal americano The Little Review de 1918 a 1920 e editouse en forma de libro por primeira vez en 1922 en París.
Ulysses é unha novela densa:267.000 palabras en total, cun vocabulario de máis de 30.000. Na maioría das edicións consta de entre 800 e 1.000 páxinas, divididas en 18 capítulos. Por describir, en diversos puntos, aspectos da fisioloxía humana entón considerados impublicábeis, o libro censurouse en diversos países, como nos Estados Unidos e no Reino Unido.