Untermensch
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Untermensch (alemán: subhumano) é un termo da ideoloxía racial nazi, herdeiro das teorías raciais do século XIX. A ideoloxía nazi identificaba unha raza superior (a alemana) e unha serie de razas inferiores de diferentes grados. Dentro do inferior, os untermenschen, encontrábanse os xudeus, eslavos e negros.