Uxío Carré Aldao
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Uxío Carré Aldao (A Coruña, 1859 - 1932). Escritor e libreiro galego.
Mercou en 1891 a libraría de Andrés Martínez Salazar e a imprenta de Domingo Puga, onde tiña lugar a tertulia galeguista, coñecida como A Cova Céltica, da que Uxío Carré era o principal animador. Na súa imprenta apareceron gran parte dos libros dos autores galegos da época.
Foi membro da Liga Gallega (1897) e Solidaridad Gallega (1907), e foi un dos fundadores da Real Academia Galega
[editar] Obra
- Brétemas, 1896 (prosa e verso en galego)
- Rayolas, 1898 (prosa e verso en galego)
- Apuntes para la historia de la imprenta y el periodismo, 1901 (ensaio en castelán)
- La literatura gallega en el siglo XIX, 1903 (ensaio en castelán)
- Sacrificio, 1904 (teatro en galego)
- Catecismo solidario, 1907 (con Juan Beltrán, en galego)
- Literatura gallega, 1911 (ensaio en castelán)
- Contos da forxa, 1919 (narrativa en galego)
- A Terra chama, 1925 (novela curta en galego)