Västerås
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Västerås é unha cidade situada no centro de Suecia, a cidade atópase na beira do lago Mälaren no Condado de Västmanland, a 100 km ó leste de Estocolmo. A cidade cunha poboación de 107.000 habitantes, 130.000 cos arrabaldes, é a sexta cidade sueca en poboación.
[editar] Västerås Hoxe
Västerås, é principalmente coñecida por seren unha cidade industrial, hoxe en día a cidade é coñecida como Västerås - Mälarstaden, que significa Västerås - a cidade á beira do lago Mälaren, para atraeren ós turistas e a novos habitantes, ademáis de novos estudantes para a universidade local (con 16.000 matriculas aproximadamente). Västerås posúe o porto de río máis importante de toda a Escandinavia. Västerås tamén é coñecida co alcume de Skrapan (Rañaceos) debido a que posúe o rañaceos máis alto do país.