Valga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Valga | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Valgués |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Caldas |
Área: | 40,72 km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 6160 hab. |
Densidade: | 151,28 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG '(votos - %) BNG ' (votos - %) PSdeG-PSOE '(votos - %) Outros: -' (- %) |
Alcalde: | [[]] () |
Eleccións municipais en: 'Valga' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca de Caldas.
Poboación en 2003: 6.174 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Valgués
Índice |
[editar] Localización
Valga atópase na beira esquerda do curso baixo do río Ulla; está cruzado pola autoestrada AP9, o camiño de ferro da Coruña a Vigo, a N-550 da Coruña a Pontevedra e a C-550 de Fisterra a Tui.
A parte norte ocúpaa o amplo val do Ulla, ao que verten os ríos Louro e Valga, que transcorren paralelos parte do seu percorrido. Cara o sul hai dous montes, o Monte Xiabre (cos 372 m. do Monte Fontebecha) e o Monte Xesteiras (cos 352 m. do Monte Lomba, os 365 m. do Monte da Salgueira e os 221 m. do Monte do Gorgullón). As vías de comunicación circulan na depresión entre estas dúas unidades.
As temperaturas son suaves, cunha media de 13°C. Chove bastante, até chegar aos 1.700 mm. anuais.
[editar] Historia
Durante a Idade Media o territorio era señorío do arcebispo de Santiago de Compostela e dividíase entre Cordeiro e Padrón. Durante a Guerra de Independencia Española tivo lugar unha batalla en Casal do Eirixo (27 de abril de 1809), na que os voluntarios do lugar, dirixidos por Pablo Morillo e polo cura Concha fixeron retroceder até Cesures ás tropas de Ney e Maucunne. Parece que con tal ocasión foi construída a ermida de Nosa Señora da Saúde.
En 1926 a parroquia de Pontecesures segregouse para constituir un concello propio.
[editar] Monumentos e turismo
No concello de Valga atópase unha das mellores estacións rupestres, o Petroglifo de Camporredondo. Tamén hai varios castros: A Roda do Castro e O Castro en Setecoros e O Castro en Cordeiro. A capela de Os Martores de Valga data do século V ou mesmo antes, ainda que foi ampliada no XVII. A igrexa de Santa María de xanza é románica.
Dada a orografía do territorio, abundan os miradoiros, como o de Chan do Monte en Setecoros, o de Camporredondo mencionado e o Miradoiro do monte Xesteiras.
[editar] Lugares de Valga
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Valga vexa: Lugares de Valga.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Valga | |
---|---|
Campaña (Santa Cristina) | Cordeiro (Santa Comba) | Setecoros (San Salvador) | Valga (San Miguel) | Xanza (Santa María) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||