Valparaíso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Valparaíso é o principal porto do Chile e un dos máis importantes portos do Océano Pacífico. Nesta cidade sitúase tamén a sede do poder lexislativo chileno, o Congreso Nacional.
Sitúase uns 117 km da capital do país, Santiago de Chile, é a capital da Provincia de Valparaiso e da V Rexión do Chile, e ten uns 275.982 habitantes. Forma unha conurbación coa cidade veciña de Viña del Mar. O poeta chileno Pablo Neruda tiña unha casa na cidade.