Van Morrison
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
George Ivan Morrison (Nado o 31 de agosto de 1945 en Belfast, Irlanda do Norte), coñecido por "Van", é un cantante, compositor e expoente do chamado celtic soul. Dedicouse desde moi cedo à música porque o seu pai coleccionaba discos de jazz, e a nai era cantante.
Colleu notoriedade á fronte dos Them, banda formada en 1964, e coa cal obtivo unha serie de êxitos. Morrison comezou a ficar triste debido á grande utilización de músicos de estudio por parte da banda e abandonou o grupo despois dunha xira polos EUA en 1966. Regresou a Belfast coa intención de deixar o mundo da música, máis o produtor Bert Berns convenceuno a regresar a Nova Iorque e a grabar a só. Destas primeiras sesións de grabación saiu unha das súas cancións máis coñecidas, “Brown eyed girl”.
En 1968 é editado Astral Weeks, considerado por moitos o seu mellor traballo, moi aclamado pola crítica, máis sen ter moita aceptación por parte do público.
Morrison xeralmente amosa desdén polas opinións da prensa e da crítica. O seu traballo é serio, moitas vezes de natureza espiritual, combinando elementos do jazz, R&B e música celta.
En 1990 participou no espectáculo de Roger Waters, The Wall en Berlín, con outros convidados, entre os cales atopábanse Bryan Adams e Scorpions.
[editar] Discografia
- Blowin' Your Mind (1967)
- Astral Weeks (1968)
- Moondance (1970)
- His Band and the Street Choir (1970)
- Tupelo Honey (1971)
- Saint Dominic's Preview (1972)
- Hard Nose the Highway (1973)
- It's Too Late to Stop Now (1974)
- Veedon Fleece (1974)
- A Period of Transition (1977)
- Wavelength (1978)
- Into the Music (1979)
- Common One (1980)
- Beautiful Vision (1982)
- Inarticulate Speech of the Heart (1983)
- A Sense of Wonder (1985)
- No Guru, No Method, No Teacher (1986)
- Poetic Champions Compose (1987)
- Irish Heartbeat (1988)
- Avalon Sunset (1989)
- Enlightenment (1990)
- Hymns to the Silence (1991)
- Too Long in Exile (1993)
- A Night in San Francisco (1994)
- Days Like This (1995)
- How Long Has This Been Going On (1996)
- Tell Me Something: The Songs of Mose Allison (1996)
- The Healing Game (1997)
- Back on Top (1999)
- The Skiffle Sessions - Live In Belfast 1998 (2000; com Lonnie Donegan)
- You Win Again (2000)
- Down the Road (2002)
- What's Wrong with this Picture? (2003)
- Magic Time (2005)
- Pay the Devil (2006)