Viana do Castelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Viana do Castelo é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Miño-Lima.
É sede dun municipio con 314,36 km² de área e preto de 46 750 habitantes no seu núcleo urbano e 83 000 en todo o concello, subdividido en 40 freguesías. O municipio é limitado a norte polo municipio de Camiña, a leste por Ponte de Lima, a sur por Barcelos e Esposende e a oeste ten litoral no océano Atlántico.As orixes do povoamento remontan a antes da era cristá como o comproban as ruinas dun castro ou citania no alto da colina de Sta.Lucia. Recebeu o seu primeiro foral das mán do rei Afonso III de Portugal en 1258 e o nome de Viana da Foz do Lima en razón da súa localización xeográfica; en 1848 foi elevada a cidade por decreto de María II de Portugal, tendo visto entón a súa designación alterada para Viana do Castelo.
As freguesias de Viana do Castelo son as seguintes:
- Afife
- Alvarães
- Amonde
- Anha
- Areosa (Viana do Castelo)
- Barroselas
- Cardielos
- Carreço
- Carvoeiro
- Castelo do Neiva
- Chafé
- Darque (Viana do Castelo)
- Deão
- Deocriste
- Freixieiro de Soutelo
- Lanheses
- Mazarefes
- Meadela (Viana do Castelo)
- Meixedo
- Monserrate (Viana do Castelo)
- Montaria
- Moreira de Geraz do Lima
- Mujães
- Neiva
- Nogueira
- Outeiro
- Perre
- Portela Susã
- Santa Marta de Portuzelo, anteriormente Portuzelo
- Santa Leocádia de Geraz do Lima
- Santa Maria de Geraz do Lima
- Santa Maria Maior (Viana do Castelo)
- Serreleis
- Subportela
- Torre
- Vila de Punhe
- Vila Franca
- Vila Fria
- Vila Mou
- Vilar de Murteda