Vieiros
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vieiros é un portal galego de internet que apareceu o 24 de febreiro de 1996. Foi o primeiro sitio privado en empregar a lingua galega na rede. Nun comezo era un índice de recursos galegos que se organizaban tematicamente e a sección A Galería, na que se daba a coñecer a obra e biografía dos artistas galegos. Ademais realizáronse especiais como o do Día das letras galegas ou o das eleccións lexistativas de 1996. No Nadal de 1996 comezou a súa andaina a sección informativa semanal Cousas, que en 1997 se converteu na páxina principal e xa con periodicidade diaria e incorpora un motor de busca, que foi o primeiro buscador galego e posteriormente aparecen edicións locais, charlas en liña.