Vilanova de Arousa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vilanova de Arousa | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Vilanovés - Arousán |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Salnés |
Área: | km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | hab. |
Densidade: | hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG '(votos - %) BNG ' (votos - %) PSdeG-PSOE '(votos - %) Outros: -' (- %) |
Alcalde: | [[]] () |
Eleccións municipais en: 'Vilanova de Arousa' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | http://www.vilanovadearousa.com |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Salnés.
Poboación en 2003: 10.430 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Vilanovés - Arousán
Índice |
[editar] Breve Historia
Historicamente a fundación de Vilanova de Arousa data do Século VII, cando construen o mosteiro de Cálogo, do que ainda conservanse as torres do campaeiro. A villa foi queimada polas incrusions normandas da Idade Media, que covizaban os tesouros da Catedral de Santiago de Compostela.
De todos xeitos e ao contrario do que o seu nome pareza indicar, Vilanova de Arousa é lugar con antigüidade, e así o demostran restos paleolíticos atopados na praia das Sinas e os achados da idade de bronce localizados en Tremoedo e Baión. Ademais existen restos dunha cultura castrexa en Baión ou mesmo os escritos sobre Castro Lupus (creese que no monte Lobeira) na mitra compostelana, e dunha romana, como a "ponte dos padriños" en Ponte Arnelas, así como dun pequeno tesouro de 717 moedas atopado en Tremoedo.
No século VI é dunha gran importancia para o antigo Reino de Galiza, xa que supón a expansión do cristianismo nestas terras. Xorde así un poder eclesiástico de grande influencia, polo que as terras se van organizar a partir da Administración eclesiástica en parroquias. Estas son dentro de Vilanova de Arousa: András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova, da sua unión (xunto coa parroquia da Illa de Arousa concello disgregado hoxe en día),xurde o concello de Vilanova de arousa.
A fundación do Mosteiro de Calogo en Vilanova de Arousa, atribuída a San Froitoso no século VII, como tamén a presenza do Castelo de Lobeira, son unha proba da expansión do cristianismo e da necesidade de defender Compostela das incursións estranxeiras, especialmente dos normandos, e de resgardar unhas terras de importancia económica pola explotación mariña e a produción de sal (a producción do Sal na comarca tense constancia que é historica xa que mesmo os Fenicios, viñan eiqui en barco para o seu comercio, e é donde sae o toponimo xeral da comarca "SALNES").
Xa entrado o século XII, as posesións da mitra compostelá aumentan, achándose entre elas as igrexas de Baión, Santa María de Caleiro co seu casarío e parte de Deiro. Logo, co decorrer do tempo iranse erguendo no territorio de Vilanova de Arousa máis igrexas e capelas. Con estes antecedentes non é de estrañar que Vilanova sexa terra de torres e pazos, entre os que cómpre cita-los sitos en Baión (o Pazo de Fontán e o Pazo do Cabido) e na vila (a Torre de Cálago, o Pazo do Marqués de Bolaños -convertido en fábrica de salgadura- e o Pazo do Cuadrante -antano casa natal do escritor D. Ramón del Valle-Inclán e hoxe en día casa museo).
Da fortaleza da Rúa Nova en András apenas fica unha torre e o pazo construído máis tarde nas súas terras, nas que vivirían don Miguel Inclán e dona Rosa Malvido (devanceiros de Valle-Inclán) dende 1740. Sería de aquí de onde Ramón María del Valle Peña tomaría para a súa actividade literaria o nome "Valle-Inclán", que deixou constancia na súa prosa do palpitar da vida e do engado dos vellos pazos.
En canto á importancia de Vilanova como porto pesqueiro, xa vén sinalado que no século XVI abastecía de peixe a toda Castela e cómo as súas ostras escabechadas eran manxar devecido polas cortes
[editar] Apuntamento Cultural
Vila natal de Ramón María del Valle Inclán, consérvase a sua casa natal, O Pazo do Cuadrante, do s.XVI, construído sobre unha antiga fortaleza e declarado Monumento Histórico-Artístico. Outras mostras interesantes da arquitectura civil e relixiosa son a Casa dos irmáns Camba, Xulio e Francisco, en Vilamaior, o Pazo da Rúa Nova en András, e a igrexa de Santa María a mais da Torre de Miranda en Caleiro.
A Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán, con sede en Vilanova de Arousa, adicase a investigación da vida e obra do xenial escritor vilanovés, D. Ramón Mª del Valle-Inclán. Editan de xeito semestral, a revista de estudos valleinclanianos Cuadrante
[editar] A riqueza do Mar D'Arousa
Vilanova vive para e polo mar D'Arousa, ten un litoral costeiro de 20 km formado por praias de gran beleza, e aópase en fronte a Illa de Arousa, dando xusto a un parque natural. O mexilón da Ría de Arousa, expórtase a todo o mundo, cultivado nas incontables bateas que conforman a peculiar paisaxe destas terras. A chegada de cataláns con novas técnicas de aproveitamento dos recursos marítimos xerou a creación de fábricas de salgado que foron as precursoras das industrias conserveiras actuais, numerosas en toda a comarca e principal fonte de riqueza.
[editar] A riqueza da terra
Vilanova de Arousa, pertence ó Val do Salnés, onde xa se remontan nunerosas crónicas da sua riqueza no agro dende a idade media, está riqueza que ven denotada mesmo na sua toponimia dentro das parroquias aínda segue vixente, atopandose Vilanova dentro do Consello de regulación da Denominación de Orixe Rias Baixas, producindo un dos caldos mais recoñecidos nos certamens internacionais, e contando Vilanova con numerosas adegas.
[editar] Novas actuais
No ano 1996 o concello de Vilanova de Arousa disgregouse en dous, (Vilanova e Illa de Arousa), pasando a ter este de 15.198 habitantes aos de aquela 10.431. Esta digregación politica fixose mal dende un inicio facendo que o concello tibera serios problemas estructurais e de facenda que se viron agrabados por unha nefasta politica economica de gastos e inversións que ao día de oxe tentase subsanar.
Hoxe en día toda a Ria de Arousa está en perigo a causa do falso progreso industrial, entre outros un dos concellos mais afectados pola sua actividade economica é o de Vilanova de Arousa, para a sua proteccón está a Plataforma Pola Defensa da Ria de Arousa PDRA.
[editar] Lugares de Vilanova de Arousa
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilanova de Arousa vexa: Lugares de Vilanova de Arousa.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilanova de Arousa | |
---|---|
András (San Lourenzo) | Baión (San Xoán) | Caleiro (Santa María) | Deiro (San Miguel) | Tremoedo (Santo Estevo) | Vilanova de Arousa (San Cibrán) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||
[editar] Ligazóns externas
- Web da Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán, adicada a investigación da vida e obra do xenial escritor D. Ramón Mª del Valle-Inclán, escritor nado en Vilanova de Arousa.
- Web do Concello de Vilanova de Arousa.
- Para ver datos estatísticos recentes podemos ir á web do Instituto Galego de Estatística IGE.