Vitruvio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vitruvio (Marcus Vitruvius Pollio) foi un arquitecto romano que vivíu no século I a.C.. Non se coñece con exactitude cando existiu, mais tense calculado o seu nacemento arredor do 90 a.C, e o pasamento sobre o ano 20 d.C.
Logo de ter sido soldado na Galia, en Hispania e en Grecia , foi tamén constructor de aparellos bélicos. Fíxose aquitecto en Roma. Conta de si mesmo que non é alto e que lamenta os estragos da idade. A súa prosa, á vez técnica e imaxinativa, conleva esencialmente o uso de frases curtas, con vocabulario que semella ter sido o dos artesáns. Vitrúvio foi a un tempo un vulgarizador e un compilador; ténselle atribuído a invención domódulo quinario da construcción de acueductos ; porén non é senón o depositario dunha tradición xa antiga
[editar] De Architectura
Foi autor dun célebre tratado de arquitectura, De Architectura (Sobre a Arquitectura, ás veces citado como Os dez libros da arquitectura), probablemente escrito na etapa final da súa vida, que dedica ao emperador Augusto. Este libro é presentado como unha enciclopedia das técnicas da Antigüidade romana, no que fai a loa, para o seu egrexio destinatario, da función de architectus, intermediario entre o arquitecto grego e o enxeñeiro militar romano; louvanza moi necesaria, porque parece que en Roma, ese oficio non estaba máis considerado que o dun simple artesán. Ora ben, segundo Vitruvio, a arquitectura é ciencia que se adquire pola práctica e a teoría. O Arquitecto debe posuír numerosos coñecementos de xeometría, deseño, historia, matemáticas e óptica.
É o único escrito de arquitectura que nos chegou da Antigüidade, e os arquitectos do Renacemento como os italianos Sebastián Serlio e Palladio inspiraranse nel de abondo; mesmo usouse ata nos períodos clasicistas e barroco, cando Claude Perrault (1613-1688) comeza a reducir o asunto á interpretación dos seus principios.
A Idade Media descoñece a Vitruvio a pesar da existencia de varios manuscritos da súa obra. Debese ao erudito León Bautista Alberti a recuperación da importancia de De Architectura, na década de 1420. Para fixar o texto da primeira edición impresa(Roma, 1486, impr. G. Herolt, 2 volumes in-folio), Sulpizio da Veroli veuse obrigado a escolmar varios manuscritos xa que nengún contiña o texto completo, aínda que manexou nomeadamente o manuscrito do Escorial (datado no século XI). A primeira versión en castelán realizouna Miguel de Urrea, aparecendo en Alcalá de Henares en 1582.
[editar] Traduccións modernas
- Vitruvio, Los diez libros de Arquitectura. Madrid. 1992 - ISBN 84460 0150 0
[editar] Bibliografía
- John Summerson, El lenguaje clásico de la arquitectura: de L.B. Alberti a Le Corbusier. Barcelona. 1978 (trad. de The Classical Language of Architecture) - ISBN 84 252 0806 8
- Philippe Fleury, La Mécanique de Vitruve. Caen. 1993 - ISBN 2 905461 78 0
- José Luis González Moreno-Navarro, El legado oculto de Vitruvio: saber constructivo y teoría arquitectónica. Madrid. 1993 - ISBN 84 206 7116 9