New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Volcán da Serreta - Wikipedia

Volcán da Serreta

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Volcán da Serreta é a designación dada a unha zona de fondos mariños sitos ao oeste da costa da illa Terceira, Azores, frente á poboación da Serreta, onde teñen ocorrido erupcións submarinas frecuentes ao longo de liñas de fractura coa dirección xeral leste-oeste. Estas erupcións foron ocasionalmente acompañadas por actividade sísmica, como ocorreu en maio e xuño de 1867, ou só por microsismos. A erupción que se iniciou o 1 de Xuño de 1867 proxectou grandes columnas de vapor e de expulsións en altitude, saíndo da superficie do mar, e deixou un rochedo, a Baixa da Serreta, que aínda subsiste. A erupción de 1998/1999 ocorreu a unha profundidade ben maior (500 a 600 m), non provocando sismos sentidos. Nesta última erupción, as rochas atinxían a superficie apenas como "balóns" de gas que explotaban e se afundían de inmediato. Puideron ter ocorrido mentres tanto outras erupcións que non foron detectadas dada a profundidade en que ocorreron.

[editar] A erupción de Maio e Xuño de 1867

A erupción que se iniciou de forma visíbel o 1 de Xuño de 1867 é a máis violenta que ocorreu no Volcán da Serreta desde a colonización das illas. Iniciouse cunha crise sísmica que foi crecendo de intensidade e frecuencia ao longo dos primeiros meses de 1867. Durante o mes de Maio a intensidade e frecuencia dos tremores era tal que case todas as casas das freguesías da Serreta, Raminho e Altares se encontraban arruinadas e os seus habitantes non se atrevían a nelas entrar, dormindo en cabanas feitas de palla e de ramaxes de árbore. Nos últimos días de maio iniciouse unha fase de violento tremor continuo, máis sensíbel na freguesía do Raminho. O 31 de Maio, a violencia do tremor era tal que as poboacións organizaron unha procesión onde transportaban as coroas do Divino Espírito Santo, que, partindo dos Altares, se dirixiu para oeste, incorporando as do Raminho. Igual cortexo se organizou nas Doce Ribeiras e Serreta, dirixíndose tamén para oeste. Reunido o pobo no lugar sobranceiro á Ponta do Raminho (onde hoxe está o miradoiro e o altar que asinala o acontecemento), celebrouse misa campal. Poucas horas despois rebentou o volcán no mar frente ao local, desaparecendo o tremor.

Unha carta do Gobernador Civil de Angra para o seu conxénere da Horta fai un relato sucinto da erupción: — Ilustrísimo e Excelentísimo Señor, — Tendo habido na noite de 1 para 2 do corrente, ao NO magnético da freguesía da Serreta desta illa, unha erupción volcánica que se conserva en actividade e que ocupa unha zona de máis de dúas millas e media, na dirección oeste leste, cómpreme levar este feito ao coñecemento de V. Ex., a fin de que por todos os medios ao seu alcance o faga chegar ao coñecemento dos navegantes que se dirixan para estas paraxes. Despois de fortes abalos de terra, que produciron graves prexuízos nalgunhas freguesias desta illa, rompeu o mencionado volcán ao NW magnético da Serreta, a distancia de 9 millas de terra, ocupando o seu principal foco de actividade unha extensión de máis de dúas millas e media, na dirección oeste leste. Tras ser observado por persoas competentes, coñeceuse que a súa latitude N. é de 38 graos, 52', e á súa lonxitude W de Gr. É de 27 graos, 52', e que está na liña recta entre esta illa coa Graciosa. Alén disto, observouse tamén que está expelindo constantemente enormes porcións de lava, a cal, pola súa acumulación, pode formar un novo illote, que será un inminente perigo para os navegantes, se del non se acautelaren; que nalgúns puntos aparecen uns chorros de vapor e de auga en ebulición, e que a distancia se sente un pronunciadísimo cheiro de xofre, que pode producir a asfixia a quen se aproximar ao volcán. É pois para evitar algún sinistro, que pezo a V. Ex. se digne facer público este acontecemento, levándoo tamén ao coñecemento dos nosos cónsules nos diferentes países, para onde porventura saian algúns navios dese porto, visto de aí seren máis directas e frecuentes as relacións que as desta illa. Como igualmente é posíbel que dese porto saia algún navío que, directa ou indirectamente, poida levar ao coñecemento do Goberno este importante acontecemento, pido a V. Ex., a ben do servizo público, que na primeira oportunidade se sirva remeterlle o incluso oficio, ou que o dirixa a algún noso axente consular para que el o faga chegar ao poder do Goberno. — Deus Guarde a V. Ex., Goberno Civil de Angra do Heroísmo, 6 de Xuño de 1867. — O Gobernador Civil — Antonio Gouvea Osorio. (Texto extraído da Historia das Catro Illas que Forman o Distrito da Horta, de António Lourenço da Silveira Macedo, edición da Typ. De L. P. da Silva Corrêa, Horta, 1871, pp. 305-307).

No verán de 1872 o lugar da erupción foi visitado polo xeólogo Ferdinand André Fouqué, que, a bordo dunha embarcación foi ás inmediacións da Baixa da Serreta, e puido recoller gases que entón aínda emanaban profusamente da superficie do mar. Na costa, baixo a Punta do Raminho, existe unha poderosa nacente termal fortemente gaseificada (con dióxido de carbono), coñecida como a Auga Santa da Serreta, usada para fins medicinais até xaneiro de 1980, cando un grande desmoronamento de rochas, desencadeado polo Sismo de 1 de Xaneiro de 1980, impediu o acceso ao local.

[editar] A erupción de 1998/1999

Foron rexistados microsismos na área a partir de 25 de novembro de 1998. O 18 de decembro de 1998 pescadores detectaron a existencia de columnas de vapor que saían das augas a cerca de 10 km a oes-noroeste da Punta Da Serreta.

A erupción ocorreu de forma intermitente con emisión de gases e de lava basáltica, cos centros eruptivos dispondose ao longo de faixa con 2,5 km de lonxitude de dirección NE-SW, aparentemente coincidente coa dirección xeral do Rifte da Terceira naquela rexión.

Durante as fases máis activas, algúns clastos de material en semi-fusión, rico en gases e en vesículas cheas de vapor de auga, alcanzaron a superficie, formando pequenas columnas de vapores individuais, que, con boa visibilidade, podíian ser vistas desde terra. Cando se aproximaban á superficie, os clastos estoupaban debido á diminución da presión externa, expondo o seu interior en fusión. Algunhas das explosións ocorrían encima da superficie do mar, o que á noite permitía que fosen vistos desde terra como puntos de luz de cor laranxa que se acendían e rapidamente desaparecían.

Os clastos emitidos son na realidade grandes balóns de lava, con por veces máis de 3 m de lonxitude, con formas que varían do case esférico ao elipsoidal, que debido ao seu contido en gas son máis leves que a auga, o que os forza a subir en dirección á superficie do océano. Cando a diferenza entre a presión interna e externa se inverten, os “balóns” rebentan, libertando os gases contidos no seu interior e xerando, debido ao contacto da rocha en fusión no seu interior coa auga do mar, grandes columnas de vapor.

Algúns clastos permanecian en flutuación á superficie durante algúns minutos, até que o arrefecemento diferencial os fixese estalar, permitindo a entrada de auga que ao se vaporizar os facía explotar.

A orixe destes clastos aparentemente é a formación de lagos submarinos de lava moi fluída e rica en gas, que, ao fraccionarse na auga, arrefece á superficie aprisionando os gases no seu interior. O conxunto fica con densidade global inferior á da auga do mar, acendendo rapidamente en dirección á superficie. Durante os anos de 1999 e 2000 foi posíbel identificar cerca de 7 puntos de emisión de lava e gases, dispostos de forma case linear en zonas con profundidades que oscilan entre os 300 m e os 800 m. A pesar dos numerosos enxames de microsismos que foron rexistrados, a erupción non provocou sismicidade sentida.

A erupción foi por última vez visíbel en febreiro de 2000 coa emisión de gases e lava. Desapareceu progresivamente ao longo daquel ano.

[editar] Ligazóns externas

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu