Volcán de Fuencaliente
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Volcán de Fuencaliente foi unha erupción do volcán de Cumbre Vieja, en La Palma, Canarias, que tivo lugar en 1677. O volcán destruiu o balneario de Fuente Santa. Actualmente só quedan as coladas do volcán, pois os conos foron destruidos polo concello de Fuencaliente de La Palma para construir un aparcamento de pago para os turistas que visitan o veciño Volcán de San Antonio, que se trata dn gran cono prehistórico, que é comunmente confundido co Volcán de Fuencaliente. Está protexido dentro do Monumento Natural dos Volcáns de Teneguía.