Volcán de fuego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Volcán de Fuego é un estratovolcán situado entre os departamentos de Sacatepéquez, Escuintla e Chimaltenango, ao centro-sur de Guatemala.
O Volcán de Fuego é un dos máis impresionantes de Centro América. As súas erupcións son violentas, e probabelmente é o volcán máis activo desde a Conquista, e xa o conquistador Pedro de Alvarado puido velo en erupción no ano de 1524 segundo testemuños contemporáneos.
O Volcán de Fuego ten unha altura de 3.763 metros sobre o nivel do mar, e encóntrase localizado nas coordenadas latitude norte 14° 25′ 54′′ e lonxitude oeste 90° 52′ 54′′. Practicamente está sen vexetación entre os 1.300 - 3.750 metros s.n.m, onde basicamente só se pode encontrar lava. O Volcán de Fuego ten a forma dun cono que se alonga considerabelmente para o sur, formando o pé de monte para a costa sur.
Este é un dos vocáns máis activos de Centro América, e tamén un dos máis impresionantes polas súas erupcións que se rexistraron desde 1524, e sabemos que a última erupción data de 1974. Esta condición mantén en constante alerta as comunidades das súas abas.
Durante o 1 e 6 de xullo do 2004, unhas explosións pequenas no Volcán de Fuego produciron columnas de fume ao redor dun quilómetro sobre o volcán. As avalanchas ocasionais de material volcánico viaxaron baixo os barrancos que flanquean o volcán. Entrou en erupción máis de 60 veces (desde 1524) e o último reporte de erupción foi o 22 de abril de 2004.