Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Alimentación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Proposta de Pedro traída desde A Taberna) --Xosé (✉) 18:33, 6 abril 2007 (UTC)
[editar] Categoría Alimentación
Espero que este sexa o camiño. O que propoño é reclasifica-la categoría Alimentos, hoxe incluída como subcategoría de Gastronomía e ésta á súa vez de Arte e cultura. Pode ser que a gastronomía se poida considerar como unha manifestación cultural, pero a meirande parte dos artigos (case todos) nada teñen que ver coa Arte e Cultura.
A idea é crear unha categoría básica Alimentación, mellor propia ou dentro de Ciencias da Saúde.
Contería 5 subcategorías:
- 1. Nutrición: onde meteriamos cousas como dieta, dietética, principios inmediatos (proteínas, hidratos de carbono, graxas, vitaminas…), fibra, colesterol, calorías, alerxias e intolerancias alimentarias, anorexia, bulimia, alcoholismo, etc.
- 2. Alimentos: con 3 subcategorías:
- Alimentos de orixe animal (carne e proditos cárnicos, leite e produtos lácteos, peixe e produtos da pesca, mel, ovos, etc);
- Alimentos de orixe vexetal (verduras, hortalizas, froitas, cogomelos, pan e pastas, especias, zumes e bebidas, café, etc);
- Outros alimentos (auga, sal, azucre)
- 3. Gastronomía, como manifestación cultural: festas gastronómicas, elaboracións culinarias [que non se debería converter nun libro de receitas], halal, koxer, historia da gastronomía, cociñeiros e/ou gastrónomos (Cunqueiro, Apicio, Picadillo).
- 4. Teconoloxía dos alimentos: dúas subcategorías:
- Conservación de alimentos (aditivos, esterilización, UHT, pasteurización, conxelación, refrixeración, afumado, conservas e semiconservas, fermentación, escabeche, salgado, envases e embalaxes, etc.);
- Industrias alimentarias (depuradora de moluscos, cetárea, buque factoría, lonxa, matadoiro, central leiteira, establecementos de alimentación).
- 5. Seguridade alimentaria: 3 subcategorías:
- Seguridade alimentaria (autocontrol, appcc, prerrequisitos, manipuladores, cadea alimentaria, cadea de frío, bromatoloxía, control oficial, rastrexabilidade, educación sanitaria, Codex Alimentarius, Axencia Española de Seguridade Alimentaria, desinfección, desinsectación, desratización);
- Etiquetaxe (etiqueta, datas, lote, peso neto, información nutricional, código de barras);
- Intoxicacións alimentarias (biotoxinas, histamina, salmonela, coliformes, botulismo, triquinose, anisaquiase).
Non sei onde meter nesta clasificación conceptos como: Denominacións de orixe, cociña e trebellos de cociña, matanza (do porco), consumidor e os seus dereitos, Organismos Modificados Xenéticamente, alimentos funcionais.
Seica haberá que duplica-la categorización en casos como plantas e animais comestibles, que deberían estar no seu grupo biolóxico que lle toque e máis neste grupo de alimentos. Como tamén no caso das intoxicacións alimentarias, que deberían clasificarse tamén na categoría Enfermidades. Pero isto non creo que supoña problema ningun.
A ver qué vos parece. Saúdos. Pedro --Pedro 18:16, 6 abril 2007 (UTC)