Xacobeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Ano Santo Xacobeo é aquel ano no que o 25 de xullo (a festividade do Apóstolo en Santiago de Compostela) cadra en domingo. Isto sucede cunha regularidade de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século se celebren catorce Xacobeos. O primeiro Ano Xubilar foi establecido polo Papa Calixto II no ano 1126. O próximo Ano Xubilar será o 2010.
Nistes anos os católicos están chamados a acadar o xubileo, para o que a igrexa esixe os seguintes requisitos:
- Visitar a catedral de Santiago de Compostela, en Galiza, onde según a tradición atópase a tumba do apóstolo Santiago o Maior.
- Rezar algunha oración (polo menos o Noso Pai, Credo e pedir polas intencións do Papa), recoméndase asistir á Santa Misa.
- Recibir os sacramentos da penitencia (pode ser 15 días antes ou despois) da comuñón.
A gracia do Xubileu consiste na obtención da indulxencia plenaria dos pecados por parte da igrexa.