New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xavier Prado Rodríguez - Wikipedia

Xavier Prado Rodríguez

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Manuel Prado Rodríguez (Ourense, 12 de outubro de 1874 – Ourense, 26 de decembro de 1942), máis coñecido polo seu alcume Prado Lameiro, foi un veterinario, autor teatral e poeta, ademais de destacado protagonista do rexionalismo galego de principios do século XX, dentro das Irmandades da Fala. Colaborador de Lamas Carvajal, intentou recuperar a publicación O Tío Marcos d’a Portela, en 1917, aínda que desapareceu finalmente en 1919.

A súa obra é costumista, humorista, irónica e ruralista. Sabe reflictir perfectamente os modos e comportamentos dos campesiños, de modo que semella que transcribira unha gravación dos diálogos e pullas que se dan tódolos días no mundo rural galego. Cando escribe en galego o fai recollendo fielmente a fala ourensá, tanto a do labrego galego como a do señorito que presume de fala-lo castelán.

Índice

[editar] Biografía

Naceu en Ourense, segundo fillo de don Vicente Prado Romero, empregado, e Carmen Rodríguez García, ama de casa. Bautizárono como Javier David Leoncio Prado Rodríguez. O pai, xa enfermo cando naceu Xavier, morre ó pouco e os dous irmáns foron criados polo seu padriño David García González, subdiácono da parroquia de San Pedro de Cudeiro, entón do concello de Canedo, próximo a Ourense, e hoxe integrado no concello de Ourense. Foi alí onde Prado Lameiro coñece por primeira vez a vida labrega que máis tarde trasladará ás súas obras literarias.

Ós 16 ou 17 anos –segundo distintos biógrafos- ingresa voluntario no servizo militar, e serve armas en Vigo e Murcia. Licenciado tres anos despois, regresa a Ourense. Daqueles anos só se sabe que publica algún verso na revista satírica El Cínife, usando xa o pseudónimo Lameiro.

Estudia Veterinaria na Facultade (Escola Especial) de Santiago de Compostela, desaparecida en 1924, onde remata os estudios con 25 anos, e xa o ano seguinte, 1901, comeza a traballar en Ribadavia como inspector de carnes e peixe. Cobraba daquela cen pesetas anuais.

En Ribadavia casou con Aurora Rodríguez Martínez, con quen tivo un fillo ó que chamaron Fausto. Quedou viúvo ó pouco pero volve a casar, con Dolores Montes Pérez, con quen tivo oito fillos. Posteriormente, xa maior, casou por terceira vez, en Ourense, con Clementina Pérez de la Iglesia.

En 1909, con 35 anos, preséntase ás oposicións para Inspector Provincial de Hixiene e Sanidade Pecuaria. Aproba e toma posesión en Ourense, en 1910, deixando o seu traballo en Ribadavia. Aquí xa cobra 2.500 pesetas anuais.

É desde este posto cando publica os seus primeiros textos profesionais, sobre distintas enfermidades animais e sobre a mellora do gando vacún. Tamén publica follas divulgativas dirixidas ós gandeiros ourensáns sobre diferentes temas agrícolas e gandeiros, como a mellora da hixiene das cortes e os perigos da convivencia da xente co seu gando, común nas vivendas daquel tempo. Dicta tamén numerosas conferencias sobre os mesmos temas.

Foi presidente do Colexio de Veterinarios de Ourense desde a súa fundación en 1923, ata 1926, continuando como presidente de honra ata a súa morte.

[editar] Prado Lameiro, veterinario

O seu labor como veterinario quedou diminuído fronte ó seu legado literario, pero de ningunha maneira pode calificarse de pouco relevante. Sábese que escribiu un Tratado de Veterinaria, inédito, que conserva o seu neto.

Como iremos vendo, desde a tribuna do Tío Marcos aboga continuamente pola mellora das condicións do gando –mellora da estabulación e da alimentación-, a profilaxis das enfermidades, a necesidade dunha selección rigorosa dos sementais e das razas bovinas –na procura dun aumento de calidade na carne e leite, máis que na cantidade-, das melloras a introducir nas feiras de gando –en beneficio do gandeiro tantas veces enganado polo tratante-. Tamén o fai como fondo dalgunhas das súas obras teatrais e das súas poesías.

Desde o seu cargo como Inspector de Hixiene Pecuaria, foi un pioneiro nas campañas de vacinación de enfermidades frecuentes daquela como a nacida (carbuncho) e o gripo (febre aftosa), no vacún, e o rubio (mal vermello) nos porcos.

[editar] Prado Lameiro n’O Tío Marcos d’a Portela

O Tío Marcos d’a Portela foi o primeiro semanario escrito integramente en galego, creado por Valentín Lamas Carvajal, quen o dirixe desde a súa fundación en 1876 (7 de febreiro) ata 1889 (17 de marzo), data na que deixa de publicarse. Houbo un intento de saca-la revista á rúa en 1897, pero non callou.

En 1917, Prado Lameiro xunto a outros integrantes das Irmandades da Fala, recuperan o proxecto e inician unha nova –e última- etapa. O 18 de febreiro de 1917 publícase o primeiro parrafeo desta terceira época, con clara vocación continuísta do Tío Marcos de Carvajal e como plataforma do ideario das Irmandades da Fala. Como director consta don Hixinio Ameixeiras, pero todo indica que o verdadeiro impulsor era Prado Lameiro. Xa neste primeiro número publica o seu poema O fiadeiro.

Vicente Risco escribía isto a Blanco Amor:

...E non teña medo â nosa língoa: lémbrese de cando a “Centuria”. D’aquela –eu sempre soupen o galego, o galego da cociña e o mais do café- mais dende moi pequeno nono volvera falar mais que algunhas veces en Madrid. E d’aquela ainda atopabamolo un pouco ridículo, manexado polo Ameixeiras e aquel “Tío Marcos” que somentes o bó Lameiro podía salvar.

A pegada de Lameiro no Tío Marcos pode verse claramente nunha sección, máis ou menos fixa e sen sinatura, titulada Parolas formás d’o Tío Marcos, dirixida habitualmente a labregos e gandeiros, ós que animaba a mellora-las súas prácticas e, sobre todo, a uni-las súas forzas en asociacións profesionais para chegar máis facilmente á compra de maquinaria, sementes, abonos, sementais, etc. sen esquece-la loita contra os caciques.

Parolas formás d’o Tío Marcos (texto sen sinatura, O Tío Marcos d’a Portela 16, 7.10.1917):

Xa falamos algunhas veces, anque soilo fose de présa, e sin faguer moito fincapé n-o asunto, d’a necesidade de endustrializar en Galicia canto á agricultura cheire. Hoxe ímoslle dar un toque as feiras gallegas, eses centros de contrataceón tan convenentes, pro que s’atopan d’o mesmo xeito que cando élas escomenzaron a funceonar alá en tempos pra nós desconecidos.

Tampouco esquecen o chamamento ó uso orgulloso do galego: xa no terceiro parrafeo publica un artigo tamén sen sinatura pero, a todas luces da pruma de Prado Lameiro, titulado Galicia ten que falar gallego.

A terceira época do Tío Marcos remata definitivamente ó cabo de dous anos e 58 parrafeos. O 7 de xullo de 1919 publícase o último número.

[editar] Outras actividades de Prado Lameiro

En 1918 publica o seu primeiro libro de poemas A carón d'o lume.

Meses antes de remata-la aventura do Tío Marcos, en febreiro do mesmo 1919, Prado Lameiro entra na directiva da Asociación de Prensa ourensá.

Colabora tamén, xunto a Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla, na fundación do coro “De Ruada” (actualmente “Coral da Ruada” [1]), presentada en Ourense o 24 de xuño de 1919, precisamente con dúas obras de Lameiro: Luis de Castromouro –en castelán- e Na corredoira –en galego-. Nos anos seguintes, a Coral da Ruada representa bo número das pezas teatrais que Lameiro vai escribindo.

[editar] Na Ditadura de Primo de Rivera

Co paso do tempo, Prado Lameiro foi mudando desde o galeguismo cara ós partidos políticos de dereitas. Cando Calvo Sotelo é elixido ministro de Facenda, Prado Lameiro publica uns versiños de felicitación, ós que aquel responde agradecido, e tamén en verso.

Trala proclamación da Ditadura de Primo de Rivera, 1923, Prado Lameiro colabora activamente na fundación e desenvolvemento da Unión Patriótica, partido único a modo de partido político do Goberno, participando en diferentes actos nos que se mesturaba a propaganda política e os consellos dirixidos a campesiños e gandeiros.

En 1928, La Región de Ourense publica o seu segundo libro de poemas: Cóxegas e moxetes. Tamén se publican, en dous tomos titulados Monifates e Farsadas, catorce pequenas obras teatrais.

[editar] Homenaxe en Ourense

En 1929, Ourense celebra unha homenaxe popular a Prado Lameiro. O líder agrario e republicano Basilio Losada escribiu o seguinte:

“Lameiro”, por su modestia, por su simpatía y por su labor fecunda, es digno de la admiración más encendida y justificada. Su labor literaria, fresca, inspirada, constante, es un lago extenso donde la ironía gallega afluye abundante y caudalosa. Xavier merece todo lo que se haga en su obsequio, tiene una limpia ejecutoria de escritor difícilmente igualable y, sobre todas esas virtudes, Xavier es un orensano de cuerpo entero. Un gran orensano.

[editar] Últimos anos

A partir da instauración da Segunda República, Prado Lameiro abandona tanto as actividades políticas como as literarias. Non participa en ningunha das organizacións ou movementos políticos ou sociais nin a favor nin en contra da República. Tampouco publica nada novo. Dedícase exclusivamente á súa actividade profesional como veterinario.

E así vai avellentando ata que, en 1937, publica un soneto a Francoen honor y a beneficio del glorioso Ejército español”.

Al generalísimo Franco
Yo quisiera tener justa medida
para cantar la gloria en vos lograda,
mas es ella tan noble y elevada
que no encuentro la forma apetecida.
Acumulais, señor, en vuestra vida
una labor tan densa y tan honrada,
tantos y tales méritos, que nada
supone la expresión más encendida.
Y ahora, viendo a España en mal camino,
cuanto sois lo poneis a su servicio
y lograis encauzarla a su destino.
Y pues habéis vencido el maleficio
que semejaba ser ya nuestro sino...
¡General! ¡Dios os premie el sacrificio!

O 26 de decembro de 1942, Prado Lameiro morría en Ourense a consecuencia dunha insuficiencia cardíaca.

[editar] Obra

  • Instrucciones profilácticas y curativas sobre las enfermedades infecto-contagiosas más frecuentes en los ganados de la provincia (Ourense, 1911).
  • Generalidades sobre higiene pecuaria (Ourense, 1912).
  • La mejora de los vacunos (Ourense, 1913).
  • A carón d’o lume (Ourense, 1918).
  • Epigramas (Ourense, 1919; incluída posteriormente no volume Farsadas).
  • Marzadas (Ourense, 1919; tamén incluída en Farsadas).
  • Cóxegas e moxetes (Ourense, 1928).
  • Monifates (Ourense, 1928). Xunto á seguinte, é unha recompilación de sete pezas teatrais independentes, tituladas: "Almas sinxelas", "Tratos", "Luis de Castromouro", "A retirada de Napoleón", "Todo ten goberno", "Un home de sorte" e "O Cego da Xestosa".
  • Farsadas (Ourense, 1928). Constituído por "Os trasacordos de Mingos", "Soledá", "Vida Vilenga", "Marta", "Na corredoira", "Estebiño" e "Marzadas".
  • Labor divulgadora. Lo que dicen ellos... (Imp. Librería La Industrial S.L., Ourense, 1942). Textos breves fabulados entre os que destacan “Mal negocio” e “Vale más poco y bueno que mucho y malo”.

[editar] Ligazóns externas

  • De cuando las musas eclipsan al veterinario. La figura de Xavier Prado Rodríguez “Lameiro” (1874-1942) [2]

[editar] Bibliografía

  • Marcos Valcárcel López: “Xabier Prado Lameiro no seu tempo”. Prólogo á Obra completa. Concello de Ourense, 1995.

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu