Xentilicio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Relativo sobre todo ó lugar de nacemento, e en menor medida á liñaxe ou raza á que alguén pertence (estes serían etnónimos).
En Galicia existe tradicionalmente unha tendencia ó uso de xentilicios hipocorísticos para entidades menores, non derivados do nome do lugar e si de características e alcumes, normalmente despectivos. Na actualidade, a linguaxe xornalística está a crear e inventalos para moitas pequenas poboacións galegas, con moi desigual calidade.
Os principais sufixos para a formación léxica de xentilicios son:
- -ense (m. e f.): LUCENSE, CANADENSE, ALLARICENSE (moi habitual)
- -és / esa: LUGUÉS(A), SANTIAGUÉS(A), CHINÉS (A), DINAMARQUÉS(A), FIN(LAND)ÉS(A), WALONÉS(A) (o máis común)
- -ano / -ana: VATICANO/A, VENEZOLANO/A, CANADIANO/A, ANGOLANO/A, MOZAMBICANO/A (en cultismos)
- -án / -á: COMPOSTELÁN / COMPOSTELÁ (en patrimoniais occidentais)
- -ao / -á: RIBEIRAO/RIBEIRÁ (en patrimoniais orientais)
- -án / -á: ALEMÁ(N) {en patrimoniais centrais)
- -eno / -ena: CHILENO/A
- -eño / -eña: MADRILEÑO/A, ALBACETEÑO/A, SANTIAGUEÑO/A, PANAMEÑO/A (insólito)
- -ino / -ina: ALACANTINO/A, BARCELONINO/A, BILBAÍNO/A, SANTIAGUINO/A, ARXENTINO/A
- -ón / -oa: BRETÓN/OA, WALÓN/OA (insólito)
- -ático / -ática: ASIÁTICO/A (insólito)
- -ita (m. e f.): VIETNAMITA (insólito)
- -al (m. e f.): PROVENZAL (insólito)
- -ol / -ola: ESPAÑOL(A), MONGOL(A) (insólito)
- -o / -a: POLACO/A, CHECO/A, ESLOVENO/A, CANARIO/A (posiblemente por derivación regresiva de lugares rematados en -IA(S) átono); URUGUAIO/A; SUÍZO/A, SUECO/A, SARDO/A, CORSO/A
- -ún(o) / -una: EUSKALDÚN(A), BATASUNO/A (para orixe euskaldún)
- -arra (m. e f.): DONOSTIARRA (para orixe euskaldún)
- -ar (m. e f.): BALEAR, INSULAR
- -eiro / -eira: SANTIAGUEIRO/A, BRASILEIRO/A, PAMPEIRO/A (adaptación de castelanismos sudamericanos)
- -asco(n) / -asc(on)a: VASCO/A, MONEGASCO/A, GASCÓN(A) (de orixe francomeridional)
De todos os xeitos, cómpre reiterar que a tradición marca popularmente o uso de xentilicios non derivados: gavacho, chamaco, che, paio.
[editar] Ligazóns externas
- http://www.galegoenlinna.uvigo.es/fichasVer.asp?idFicha=132 Lista de xentilicios de países
- http://www.galegoenlinna.uvigo.es/fichasVer.asp?idFicha=128 Xentilicios dos concellos galegos
- http://www.galegoenlinna.uvigo.es/fichasVer.asp?idFicha=129 Xentilicios de concellos do galego exterior
- http://www.galegoenlinna.uvigo.es/fichasVer.asp?idFicha=134 Xentilicios da Unión Europea