Xeografía de Bulgaria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bulgaria está composta polas rexións clásicas de Trácia, Moésia e Macedonia. O sudoeste do país é montañoso e contén o punto máis elevado da península Balcánica, o Musala, con 2 925 m. O cordal dos Balcáns atravesa o centro do país de leste a oeste, ó norte do famoso val das Rosas. Bulgaria está dividida polas rexións da planicie e colinas polo sueste, o leste está delimitado ó longo da costa do mar Negro e as marxes do río principal de Bulgária, o Danubio, a limitan ó norte. Outros rios importantes son o Struma e o Marica, no sur do país.
O clima búlgaro é temperado, con invernos frios e húmidos e veráns mediterráneos, quentes e secos.
A península Balcánica recibe o seu nome do cordal dos Balcáns, coñecida en búlgaro como Stara Planina, que percorre o centro de Bulgária e chega ata ao leste de Serbia.
Ver tamén: