Xeografía de Hungría
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hungría ocupa a chaira media do río Danubio, terra chá formada polos aluvións deste río e o seu afluínte o río Tisza coñecida como chaira húngara e que tamén se extende polo norte de Serbia , sur de Eslovaquia e o oeste de Romanía. Ó oeste destaca o Lago Balatón un dos maís grandes de Europa. O segundo maior lago da bacia carpática (e provablemente o maior lago artificial de Europa) é o lago lago Tisza (Tisza-tó).
A paisaxe húngara consta das chairas chás e onduladas cara a bacia carpática, das colinas e montañas baixas ó norte , ao longo da fronteira eslovaca (o punto máis alto é o Kékes, con 1.014 m)
O clima é continental, con invernos fríos, veráns quentes e precipitacións medias. En Budapest a media de xaneiro é de -1.0º, a de xullo de 21.9º .As precipitacións anuais son de 498 mm.