Xornada Mundial da Xuventude 2005
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Xornada Mundial da Xuventude 2005 tivo lugar entre o 15 e o 21 de agosto do 2005 na cidade alemá de Colonia. Foi o primeiro viaxe fóra de Italia do pontífice Benedicto XVI.
O tema do encontro foi "Vimos a adoralo" (Mt 2,2): con esta frase o Papa invitou ós xóvenes a meterse na actitude interior dos Magos que viaxaron até Belén a adorar a Xesús.
Xuntáronse preto de 1.200.000 xóvenes duns 120 estados.
Índice |
[editar] O escollemento de Colonia por Xoán Paulo II
O Papa Xoán Paulo II anunciou oficialmente a celebración da XX XMX ó termo da Xornada Mundial da Xuventude 2002 que tivo lugar en Toronto con estas palabras:
- Desexo anunciar oficialmente que a próxima Xornada Mundial da Xuventude se celebrará no 2005 en Colonia, en Alemania.
- Na imponente Catedral de Colonia se venera a memoria dos Reis Magos, os Sabios venidos de Oriente seguindo unha estrela que lles conduciu a Cristo. Como peregrinos, o voso camiño hacia Colonia comeza hoxe. Cristo os agardará alí pra a celebración da XX Xornada Mundial da Xuventude.
- Seredes acompañados pola Virxe María, Nai nosa no pelegrinaxe da fé. (Toronto, Angelus do 28 de xullo do 2002)
Xoán Paulo II elexiu a Colonia pra que fose unha das primeiras Xornadas Mundiais da Xuventude do novo milenio, porque "de Alemaña teñen vido no século pasado catastrofes graves para a humanidade, e é fermoso que veña hoxe un grande signo de esperanza".
[editar] O logo da XMX
- Para ver o logo, faga clic aquí
O logo da XMX 2005 está composto de 5 símbolos:
- A cruz vermella que domina o logo. A cor vermella representa o amor, a pasión e os sufrimentos. Ó mesmo tempo dirixe ó amor de Deus e á morte de Xesús na Cruz así como ós diferentes sufrimentos da nosa vida persoal e en todo o mundo. A Cruz é o símbolo central da esperanza cristiá e da redención en Xesucristo, que supera calquer sufrimento.
- O cometa, como signo indicador, expresa que Deus guía ós homes. É un sinal de Deus que brilla sobor o lugar do nacemento de Xesús. Segundo a tradición biblica a estrela guiou ós Tres Reis Magos ó Señor. Tras un longo pelegrinaxe teñen atopado óp Señor e - trasformados por este encontro - voltan a casa. A estrela brilaba en Belén e máis adiante en Colonia.
- A catedral de Colonia, que desenvolvera a Xornada Mundial da Xuventude. Nesta catedral se veneran dende fai séculos as reliquias dos tres Reis Magos. A cor vermella da mesma xungue á Igrexa coa Cruz: a Igrexa e Cristo son inseparabeis.
- o arco elíptico ten dúas interpretacións. Ten forma dunha C estilizada, que representa a Cristo e á comunión universal da Igrexa. Tamén expresa a aperta protectora de Deus: o Ced e a Graza de Deus apertan e reparan á Igrexa e ó mundo.
- A outra parte inferior do arco representa a unha barca sobor o Rin, coma a barca de San Pedro, de quen o Papa é sucesor.
Durante a cerimonia de clausura o grande logo da esplanada de Marienfeld foi desmantelado e cada pedazo foi dfado a 5 representantes dos cinco continentes.
[editar] O programa da Xornada
[editar] Do xoves 11 ó domingo 14 de agosto
- En toda Alemaña tiveron lugar as Xornadas de encontro coas Igrexas diocesanas: un tipo de reunión coas dióceses estranxeiras.
[editar] Venres 12 de agosto
- Unha iniciativa entre católicos e musulmáns tivo lugar en Munster, durante a tradicional oración do venres. A mezquita local deu a benvida a 35 rapaces e os seus sacerdotes, provintes da diócese italiana de Cesena, e o imán fixo unha intervención sobor o tema da paz e da unión fraterna entre os pobos.
[editar] Martes 16 de agosto
- A vixésima XMX comezou oficialmente pola tarde coa Santa Misa de apertura no RheinEnergieStadion de Colonia, precedida duna festa. O estadio estaba ata os topes: rara vez presenciaría unha outra celebración eucarística como foi esta. Presidida polo Arcebispo de Colonia Joachim Meisner.
O mesmo tempo celebrábanse outras dúas Misas en Bonn e en Dusseldorf, as outras dúas cidades que hospedaban e participaban nesta XMX.
[editar] Mércores 17 de agosto
- Inicio dos tres días de catequesis matutina pra os participantes, tenidas con varios bispos nas igrexas de Colonia, Bonn e Dusseldorf, onde estaban hospedados os xóvenes peregrinos.
[editar] Xoves 18 de agosto
- Ás 12 do mediodía: Chegada de Benedicto XVI a Colonia. O Papa é calurosamente acollido por unha rappresentación de centos de xóvenes e do presidente alemán Horst Köhler e do chanceler Gerhard Schröder. Tralo discurso de benvida, o Papa mostrouse feliz de estar na súa terra natal no seu primeiro viaxe fóra de Italia, "feliz de estar en medio dos xóvenes, de soster a fe e de animar á esperanza" e seguro de estar enriquezido "do voso entusiasmo, da vosa sensibilidade e da vosa disponibilidade ó afrontar os cambios do futuro".
- Ás cinco da tarde o Pontífice chegou á cidade de Colonia nunha embarcación. Oitocentosmil xóvenes, establecidos á beira do Rin, saludáronlle á súa chegada. A barca, antes de chegar á catedral, atracou e o Papa pronunciou o seu discurso de saúdo ós xóvenes.
[editar] Venres 19 de agosto
- Ás 10:30 o Papa reúnese co Presidente de Alemaña, Horst Köhler, en Villa Hammerschmidt en Bonn.
- Ás 12:00 o Papa visita a Sinagoga Roonstrasse de Colonia. A sinagoga fora destruida polos nazis en 1938 e reconstruída nos anos 50.
- Ás 5:00 o Papa xuntouse e pregou con seminaristas de máis de 80 estados na Igrexa de San Pantaleón.
[editar] Sábado 20 de agosto
- Ás 10.00 o Papa reuniuse co Chanceler Gerhard Schröder, co presidente do Bundestag Wolfgang Thierse, coa presidenta da CDU Angela Merkel e co presidente de Nordrhein-Westfalen Jürgen Rüttgers.
O Papa concedeu unha indulxencia plenaria a aqueles presentes na XMX, e parcial para aqueles que pregasen por que os xóvenes
- se fortalecesen na profesión da fé;
- se confirmasen en amor e reverenci ós seus pais e
- Tomasen a firme resolución de seguir "as sagradas normas do Evanxeo e da Santa Nai Igrexa" vivindo ben a súa vida familiar actual ou futura, ou outra vocación á que teñan sido chamados por Deus.
[editar] Domingo 21 de agosto
- Aproximadamente 1,200,000 personas tras acampar pola noite, xuntáronse a Benedicto XVI para a Misa que concluía a Xornada na enorme explanada de Marienfeld preto do pobo de Kerpen.Os participantes puideron ver ó Papa por toda a explanada grazas ós servizos de 15 enormes pantallas de televisión. No momento da comuñón, a multitude de sacerdotes espallouse por toda a explanada identificándose con paraugas amarelos [1].
[editar] Concesión de indulxencia plenaria
O Papa decidiu conceder indulxencia plenaria a ós que participaron na Xornada Mundial da Xuventude de Colonia e indulxencia parcial a aqueles outros fieis que pregasen polos xóvenes nos días da XMX.
A indulxencia plenaria tivo lugar coas condicións usuais esixidas pla Igrexa, é dicir : terse confesado e comulgado no prazo dunha semá antes ou despois do evento, e ter pregado polas intencións do Sumo Pontífice. Tal indulxencia foi concedida ós fieis que, con ánimo alonxado de calquera tipo de pecado, participaron atentamente e devotamente a calquera acto, durante a XX Xornada Mundial da Xuventude de Colonia e á súa solemne conclusión.
Ós outros fieis, véuselles concedida a indulxencia parcial se, con ánimo de arrepentimento, falándolle a Deus, con oración fervente, que os xóvenes cristiáns se reforzasen na profesión da fe, se confirmasen no amor e no respeto ós seus proxenitiores, e se determinasen firmemente á modelar de acordo coas sagradas regras do Evanxeo e da Nai Igrexa a nova familia que estivesen a crear ou que crearán, ou a vida actual de acordo coa vocacíón que Deus ten indicado a cada un.
[editar] Asistentes
O elevado número de asistentes da unha idea das proporcións do evento. Na semá da Xornada Mundial da Xuventude estiveron presentes en Colonia máis de 400.000 xóvenes, dos cales uns 100.000 eran alemáns e outros 100.000 italiáns, o grupo estranxeiro máis numeroso. Xuntáronse máis de 1.200.000 de participantes na Misa final. Houbo 20.000 xóvenes voluntarios de toda Alemaña.
O grande número de participantes creou moitas dificultades á organización: o momento máis crítico foi a distribución da comida e bebida na cerimonia conclusiva que tivo lugar en Marienfeld (a 20 quilómetros do centro de Colonia).
[editar] Comentarios
- En Süddeutsche Zeitung dise que esta xornada é unha saludábel provocación ó materialismo difuso na sociedade alemá. Os xornais resaltan por un lado a impotenza dos números, e cuestionan o grado de adherencia ós valores católicos dos xóvenes que asistiron á XMX, obxetivamente algo difícil de cuestionar.
- Tralos numerosos testimonios dos que participaron na XMX moitos subliñan a propria experiencia de sentirse parte de un grande evento espiritual, de facer novas amizades e de vivir nunha atmósfera mundial.
- Hai quen admite o desexo dunhas simples vacacións, fora do encontro relixioso. Non obstante, a maior parte dos xóvenes estaban entusiasmados e semellaban reter como parte imporatante desta cita a achada dos valores católicos, a esperienza da fé e dun encontro directo con Deus, resposta á propia ansia de espiritualidade e a conseguinte esperienza concreta da paz entre os xóvenes e a ocasión de sentirse protagonistas da vida do mundo.
- A esperienza do peregrinaxe como viaxe relixioso cara unha meta, cos inconvintes que isto comporta, foi o que sentían moitos dos participantes e mostrábanse dispostos a unha maior pacienza á reflexionar sobre o mensaxe desta xornada: o obxectivo desta XMX era moverse e reunirse arredor da meta que é Cristo, tomando ós Reis Magos como exemplo.
[editar] Himno
O himno oficial da XX XMX foi Venimus Adorare Eum (Gregor Linßen).
[editar] Galería fotográfica
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
Xornada Mundial da Xuventude | |
Roma 1984 | Roma 1985 | Bos Aires 1987 | Santiago de Compostela 1989 | Częstochowa 1991 | Denver 1993 | Manila 1995 | París 1997 | Roma 2000 | Toronto 2002 | Colonia 2005 | Sidney 2008 |