Xosé Cid Cabido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xosé Cid Cabido (nado en 1959 en Xunqueira de Ambía). Escritor galego. Redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), traballou en Edicións Xerais.
[editar] Obra
- O intercepto, 1986 (relatos)
- Foumán, 1987 (novela gañadora do premio Café de Catro a Catro)
- O camiño de Middelharnis, 1988 (prosa fragmentaria)
- Días contados, 1991 (relatos, gañador premio Cidade de Lugo)
- Panificadora, 1994 (novela, premio Blanco Amor)
- Luís Seoane 1919-1979. Unha fotobiografía, 1994
- Oralmente pola boca, 1997 (relatos)
- Grupo Abeliano, 1999 (novela)
- Fálame sempre, 2003 (relatos)
- Búmsdei, 2006 (novela)