Xosé Lois Ripalda González
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xosé Lois Ripalda González (Erbedeiro, Carballedo - 1940), é un escritor galego.
Estudou Maxisterio e xubilouse despois de case corenta anos dedicados ao ensino. Da súa preocupación pola cultura tradicional e da evidente necesidade de crear literatura coa que poidan identificarse os alumnos procedentes do medio rural, nacen os seus volumes de relatos Un fachico de contos e Contos para engaiolar, recreacións libres da tradición oral que, xunto co seu último libro, Contos da Baiuca, forman unha triloxía sobre temas relacionados coa aldea.
[editar] Publicacións
- Un fachico de contos, 1980
- Contos para engaiolar, 1984
- As bolboretas brancas, 1989
- As botas de Zapeto, 1992
- Contos da Baiuca, 1996