Zonas de subducción
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha zona de subducción é unha área de converxencia de placas tectónicas, onde unha das placas desliza por baixo da outra. As zonas de subducción son áreas onde o alastramento oceánico iniciado dos rifts atopa compensación, isto é, onde as placas desaparecen. Este movimento descendente provoca a fusión do manto subxacente e induce vulcanismo.
As maiores zonas de subducción atopanse no Océano Pacífico, ao largo da costa Oeste da América do Sur e América do Norte. A cordilleira dos Andes e os seus vulcáns é o maior exemplo de vulcanismo asociado a zonas de subducción.
As zonas de subducción son potenciais focos sísmicos. Os terramotos de consecuencias máis devastadoras están normalmente asociados a este encuadramento xeolóxico. A fricción das dúas placas pode provocar a liberación repentina de enormes cantidades de enerxía, que resulta no terramoto. Alguns exemplos de sismos asociados a zonas de subducción son:
- Terremoto de Lisboa de 1755 (subducción incipiente do Océano Atlántico)
- Terremoto do Océano Índico de 2004