Álvaro de Mendaña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Álvaro de Mendaña (ca. 1542-1595), explorador español do Océano Pacífico.
[editar] Biografía
Álvaro de Mendaña y Neira, naceu en Congosto, no Bierzo, hoxe provincia León, cara 1542. De familia fidalga, era fillo de Fernán Rodríguez de Mendaña e Isabel de Neyra, tamén bercianos. Morreu na Illa de Santa Cruz o 8 de outubro de 1595.
En 1563 embarcou para o Perú, con o nome de Álvaro Rodríguez de Mendaña, como criado do presidente da Real Audiencia de Lima,o Licenciado Castro, tío seu, xunto con outros bercianos.
O 19 de novembro de 1567 partiu do Callao, Perú, ao mando dunha expedición, na que tamén figuraba outro famosos navegante, o pontevedrés Pedro Sarmiento de Gamboa (1532-1592). Mendaña descubríu as Illas Salomón, para as que obtería o nomeamento de Adiantado e Gobernador. Antes de chegar ás Salomón, descubríranse as illas de Havachumbi, Nivachumbi, Jesús e Candelaria. A expedición voltou, logo de fortes discrepancias entre Mendaña e Sarmiento, en 1569 a Colina, México, entón denominada Nova España.
En 1586 casa con Isabel Barreto, filla dun antigo gobernador das Indias portuguesas, que moraba no Perú. Realizou unha segunda expedición, na que o acompaña a dona, con intención de tomar pose das Salomón, que non atopan, máis na que descubre as Illas Marquesas, e a Illa de Santa Cruz, na que falecería logo de desatarse unha epidemia. Testa alí, antes de morrer, os seus títulos e privilexios en favor da súa esposa, que continuaría a expedición ata atinxir Manila.
[editar] Bibliografía
- Landín Carrasco, Amancio, El caballero de Galicia, navegante y descubridor, Pedro Sarmiento de Gamboa, in Boletín de la Universidad de Santiago, 1949, 53-54