Árbore
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Concepto
Tipo de vexetal. Planta perenne, de tronco leñoso, que se ramifica a certa altura do chan. Son árbores, por exemplo, a cerdeira, a maceira, a abelaira, o piñeiro, ...
Certas especies de árbores poden superar os 100 metros de altura, e chegar a vivir durante miles de anos. As grandes árbores, coma as sequoias xigantes de California, poden pesar máis de 6.000 toneladas, o que as converte no ente vivo máis pesado que existiu sobre o planeta
As árbores son compoñentes importantes do medio natural así como útiles para os seres humanos. Xogan un importante papel na cultura, considérense as árbores de Nadal, a árbore da sabedoría, a árbore xaponesa do amor (o ginko),...
[editar] Clasificación
Os tres grupos principais de árbores son:
- As frondosas.
- As coníferas.
- As palmeiras.
[editar] Morfoloxía
[editar] Simboloxía na iconografía relixiosa
É o eixo entre os mundos inferior, terrestre e celeste. Coincide ca cruz da Redención. Na iconografía cristiá, a cruz está representada moitas veces como árbore da vida.
Esta árbore da vida xorde por primera vez na arte dos pobos orientais; é o hom a árbore central colocada entre dous animais ou dous seres fabulosos; é un tema mesopotámico que pasou a Extremo Oriente e Occidente por medio dos persas, árabes e bizantinos. Para as teogonías orientais o hom ten un sentido cósmico, está situado no centro do Universo e móvese ca idea do deus creador. No paraíso, a árbore da vida estaba oculta.
Na arte románica encóntrase ás veces con algunhas variacións; o hom ó pasar á simboloxía cristiá, representa a Xesucristo.
No claustro da iglesia de Santa María la Real de Nieva na provincia de Segovia (España), nalgúns capiteis pódese observar a representación do hom oriental como símbolo da árbore da vida:
- Árbore co león e o toro alados (que representan a Marcos e Lucas) que están defendendo o hom.
- Un piñeiro, e ós seus lados uns cas con rostro humano cubertos por carapucha. Son os cans dominicanos como defensores do hom.
- Notro capitel, os animales son 2 bufos, símbolo da sabedoría e a noite, tamén defendendo o hom.
Pero non só no cristianismo achamos o culto ás árbores, por exemplo_
- Os druídas veneraban os carballos.
- A deusa grega Dafne por escapar do amor de Apolo, converteuse en loureiro (hoxe símbolo da victoria igual ca na antiga Grecia).
- Os hindús veneran a figueira de Bengala.
- Odín logrou a sabedoría bebendo da auga que había entre as raíces dunha árbore.
[editar] Véxase tamén
- Raíz
- Talo
- Tronco
- Cortiza e Casca
- Xema
- Folla
- Acículas e escamas
- Froitos e Bagas
- Sementes
- Piñas
- Bonsai
- Polinización
- Deforestación
- Ecoloxía
- Natureza
- Incendio forestal