Ávila
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ávila é unha cidade española, en Castela e León, capital da provincia homónima. Situada a 1.128 m de altura, nun promontorio rochoso na beira dereita do río Adaja, afluente do Douro, é a capital de provincia sita a máis altitude de España, e a cuarta cidade máis alta de Europa. A súa área municipal acada 231,9 km². A súa poboación alcanzaba 52.612 habitantes en 2005. O xentilicio para se referir aos seus moradores é "abulenses".
Ávila de los Caballeros é un título honorífico da cidad. Outro é "Ávila del Rey", e aínda "Ávila de los leales". Entre 1482 e 1807 contou con unha universidade.
A cidade caracterízase, nomeadamente, por estar arrodeada dunha muralla medieval completa, de orixe románica. Tamén é unha das cidades con maior número de igrexas (románicas e góticas) con relación ao número dos seus habitantes.
[editar] Clima
A situación da cidade na foxa e val de Amblés conleva unhas precipitacións anuais baixas fronte as zonas colindantes. Esta sombra pluviométrica implica que o caudal do rio Adaja estea prácticamente seco durante varios meses do ano e que aa cidade teña históricamente problemas de abastecemento de auga.
[editar] Monumentos
A cidade está declarada como "Monumento histórico e artístico nacional" desde 1884. Figura tamén na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO desde 1985.
Entre os seus monumental cabe destacar:
- A muralla, construída entre os séculos XI a XIV, atinxe un perímetro de 2.500 m. de lonxitude, con 8 portas e 85 torres.
- Catedral, erguida entre os séculos XII a XV.
- Igrexa de San Vicente (séculos XII-XIV), pero con estructura pricipal románica.
- Igrexa de San Pedro, tamén románica.
- Mosteiro de San Tomé (Santo Tomás), do século XV, ao tempo antiga residencia estival dos Reis Católicos.
- Pazo dos Valderrábanos, século XV.
- Casa dos Deáns, século XVI.
- Torreón de los Guzmanes.
- Pazo dos Verdugo, séculos XV-XVI.
[editar] Personalidades célebres
- santa Teresa de Ávila, doutora da Igrexa;
- Tomás Luis de Victoria, compositor musical;
- Claudio Sánchez Albornoz, President da República Española no exilio e egrexio historiador;
- José Luis López Aranguren, filósofo;
- Ángel Acebes, ministro español de Interior durante o segundo goberno de José María Aznar.