Catedral
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha catedral é un importante templo de culto onde un bispo católico, anglicano, luterano ten a súa sé ou cátedra: outras crenzas cristiás sen a figura do bispo, como a Igrexa de Escocia, tamén manteñen a denominación de catedral. Normalmente é meirande cós templos (igrexa) que non sexan sé dun bispado ou cabeza de diócese.
As catedrais deben o seu nome a que no interior delas impartíanse cátedras (inicialmente do latín catedra, 'onde sentar', que tamén orixinaría a palabra cadeira) ós seminaristas versadas en Latín, Gramática ou Teoloxía.