Édouard Manet
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Édouard Manet (23 de xaneiro, 1832 – 30 de abril, 1883) foi un pintor francés. Foi un dos primeiros artistas do século XIX a presentar temas do cotidiano. A súa arte fixo de ponte entre o realismo o Impresionismo.
[editar] Comezo da vida
Édouard Manet naceu en París, Francia. A súa nai, Eugénie-Desirée Fournier, foi madriña do príncipe sueco , Charles Bernadotte, do cal a actual familia real sueca descende. Seu pai, Auguste Manet, foi xuíz. El queria que o fillo seguise carreira no Dereito, pero Édouard quería seguir carreira nas artes. Seu tío, Charles Fournier, encoraxouno a ser pintor, e sempre levaba o xoven Manet ó Louvre.
De 1850 a 1856, despois de fracasar na proba para o ingreso na mariña, Manet estudou co pintor académico Thomas Couture. Nos seus momentos de lecer, el copiaba obras dos Vellos Mestres expostos no Louvre. El visitou a Alemaña, a Italia e Holanda. Nestas visitas, el absorbeu influencias do pintor holandés Frans Hals, e dos pintores españois Diego Velázquez e Francisco José de Goya.
Manet, en imitación do enton estilo predominante, o Realismo, iniciado por Gustave Courbet, pintaba temas cotiáns, como pedintes, cafés, touradas, e outros eventos e escenarios. El produciu poucas obras relixiosas, mitolóxicas ou historicas.