Öland
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Öland é unha illa no Mar Báltico, ao largo da costa leste da Suecia, e pertence á mesma. Pertence á provincia de Kalmar. Área: 1342 km2, é a segunda illa sueca por extensión, despois de Gotland. Poboación (2003): 24.628 habitantes. Está separada do continente polo estreito de Kalmar. Contén un sitio designado patrimonio mundial: a Paisaxe agrícola do sur de Öland.