A Franqueira, A Cañiza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María da Franqueira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 301 habitantes (159 mulleres e 142 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 319 habitantes. Ten unha igrexa do século XII que é o edificio mais alto da parroquia. Esta parroquia esta composta por tres aldeas (A Franqueira, Parada e Cebreiro).
A igrexa da Franqueira tamen e coñecida polas suas romarías. Celébranse dúas importantes cada ano. Unha é a das pascuillas, que se celebra o luns seguinte ó domingo de Pentecostés, na que acoden representacións de varias parroquias en procesión con cadansúa imaxe da Virxe. Cando chegan á Franqueira proceden a un ritual, que é o saúdo á Virxe da Franqueira, o cal o realizan tódalas imaxes da Virxe que van ese dia á Franqueira. A outra romaría celebrase os días 7, 8, 9 e o domingo seguinte do mes de setembro, que coincide co nacemento da Virxe María: nese dia chega moita xente á Franqueira. Nesta romaría celébrase unha procesión ó acabar a celebración da eucaristía que vai acompañada por un grupo de 8 danzantes (4 homes e 4 mulleres) que realizan as catro danzas (a dos paos, a dos arcos, a das cintas) e despois ten lugar a representacion da loita entre os mouros e os cristiáns que loitaron en Galiza contra os mouros.
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de: A Cañiza | |
---|---|
As Achas (San Sebastián) | A Cañiza (Santa Teresa) | O Couto (San Bartolomeu) | A Franqueira (Santa María) | Luneda (Santa María) | Oroso (Santa María) | Parada das Achas (Santiago) | Petán (San Xián) | Valeixe (Santa Cristina) |