Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Domingo - Wikipedia

Domingo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín dominicus (dies), ou "Día do Señor".

Índice

[editar] Nomes noutras linguas:

Lingua Nome Significado
Alemán Sonntag Día do Sol
Búlgaro Неделя/Nedelia O Día que non se Traballa
Catalán Diumenge Día do Señor
Checo Nedìle O Día que non se Traballa
Chinés Tradicional 星期天/Xīng Qī Tian

星期日/Xīng Qī Rī

Día do Paraíso

Día do Sol

Español
Domingo Día do Señor
Eusquera Dominiko Día do Señor
Francés
Dimanche Día do Señor
Holandés
Zondag Día do Sol
Inglés
Sunday Día do Sol
Irlandés Dé Domhnaigh Día do Señor
Islandés Sunnudagur Día do Sol
Italiano
Domenica Día do Señor
Noruegués
Søndag Día do Sol
Quechua
Inti P'unchay Día do Sol
Portugués
Domingo Día do Señor
Rumano Duminica Día do Señor
Ruso
Воскресенье/Воскресный/Vaskresenia  ?
Xaponés
日曜日/Nichiyoubi Día do Sol

[editar] O domingo na cultura popular

O mellor día para casar é o domingo. En Mourente (Pontevedra), para cura-la decipla (erisipela) rezan un ensalmo tres veces ó día durante nove días seguidos, pero se a bendición se bota o domingo antes da primeira misa vale polos nove días.

No ciclo do entroido e a Páscua merecen ser mencionadas os seguintes domingos:

O domingo barredoiro, borrallento, fareleiro ou farelento é o domingo de septuaxésima, momento no que comezan as festas do carnaval ou entroidadas. Chámase así porque os mozos botan farelos (salvado), feluxe (hollín) ou borralla (ceniza) ás mozas na roupa e na cabeza.

Síguelle o domingo corredoiro, de corredores, tamén chamado, en Cotobade, domingo de chicotes. Recibe o nome de corredoiro por se-lo día da corrida do galo. É o domingo da sexaxésima, domingo anterior ó de antroido. En Póboa de Trives, os pais que tiñan fillos na escola acostumaban regalarlle en tal ocasión un galo ó mestre, con ocasión do domingo corredoiro. Para escolle-lo rapaz que llo ía dar, enterraban o galo na terra, coa cabeza fóra, e tapándolle os ollos ós rapaces. Aquel que atopara o galo era quen llo daba ó mestre. Risco di que o mesmo costume tiñan en Allariz. Noutros lugares era este o día no que se corrían as olas, e de aí o nome de domingo oleiro. En Castro Caldelas corríanse as maulas, carreira entre veciños atados polas costas.

Vén despois o domingo de antroido ou de entroido, co que remata o tempo festivo e entra a cuaresma. É o domingo de quincuaxésima, precedente ó martes de entroido e mércores de cinza. Chámase tamén domingo lardeiro, polo moito que se comía nese día.

Finalmente, comezada xa a cuaresma, vén o domingo de piñata (ou, simplemente, a piñata). É o primeiro domingo de cuaresma e recibe o nome do baile que se celebraba, xa nun local pechado ó estarmos en cuaresma, cunha piñata pendurada do teito, chea de lambonadas diversas, e que tiñan que romper os asistentes ó baile, cos ollos vendados.

Xa na semana santa, cómpre mencionar tres domingos con nome propio.

Primeiro, o domingo de Lázaro ou domingo de paixón, quinto domingo de cuaresma, anterior ó domingo de ramos.

A seguir, o domingo de ramos, último domingo de cuaresma e co que comeza a Semana Santa, no que se conmemora a entrada triunfal de Xesús en Xerusalen.

No domingo de ramos levábanse á parroquia os ramos de loureiro ou de oliveira para ser benditos durante a misa. Noutros puntos de España son máis comúns as palmas.

En Betanzos e na comarca de Bergantiños teñen o costume de abendizoar as leiras para pedir a Deus fertilidade na terra e froito abondoso. Para iso, cando os veciños saen da igrexa o domingo de ramos, mollan unha póla de oliveira en auga bendita e rocían as beiras da leira. Outra práctica era deixar espetado no chan un gran ramo de loureiro, tamén bendito.

Para protexe-la casa nos días de tronada bótanse pólas de loureiro ó lume, loureiro que tamén tiña que ser bendito o domingo de ramos.

Para protexe-lo gando do mal de ollo poñen no pescozo do animal unha corda coa que se atara o ramo de loureiro bendito o domingo de ramos e na corda poñen un escrito ou un cacho de chumbo. E para librase da Santa Compaña había que facer no chan un círculo cunha vara de oliveira, preferiblemente bendita o domingo de ramos, e recitar este ensalmo: Fixen un circo co meu pau de oliva, que xa bendito por si acaso iba. E posto dentro del: -Eu te requero.

Remata a semana santa o domingo de pascua ou domingo de resurrección, no que conmemora a resurrección de Xesús. É o domingo inmediato ó primeiro plenilunio despois do 20 de marzo.

Fóra das datas anteriores, outro domingo afamado sería o domingo de Pentecostés, que celebra a chegada do Espíritu santo. É o quincuaxésimo día que segue ó da Pascua de Resurrección, e que vén caer entre o 10 de maio e o 13 de xuño.

[editar] Fraseoloxía

Día de festa

Día do Señor: domingo do Corpus.

Día feirado: día festivo, no que non se traballa.

Día santo. Pola contra, os días laborables denomínanse día solto, día de cotío, día de labor ou día de traballo.

Domingo lirón: nome ourensán do ouriolo ou vichelocrego. O nome procede das vistosas cores deste paxaro, que parece como vestido para un día de festa. Noutros lugares recibe os nomes de mingoleirón ou ringaleirón, probablemente procedentes daquel.

[editar] Refraneiro

Cando o ano entra en domingo, vende os boiciños e merca milliño.

Cando o domingo chove dispois da misa, a semaniña enteira vaise de risa.

Cando o domingo chove despois da misa, a semaniña enteira vaise en risa.

Cando o sábado chove e o domingo antes da misa, pola semana adiante verás que risa.

Día de Pascoa e domingo lardeiro, cada cadelo no seu palleiro.

Domingo de Lázaro collín un paxaro, e o día de Pascuas aseino nas ascuas.

Domingo de Ramos lava os teus panos, que na semana maior choverá ou quentará o sol.

Fai o raposo o sábado, con que o domingo non vaia a misa.

Home preguizoso, o domingo é afanoso.

Muller gobernadeira, domingo de Antroido lava a salgadeira.

Navidá en venres, sementa onde puideres, navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo.

O mariñeiro, o domingo, bo zapato e boa media, e o luns pola mañanciña vai descalzo pola area.

O que o domingo eu faría, todos me dín que xa non é día.

O sábado, día da Virxen e o domingo... de gardar.

Quen o sábado vai ó muiño, pouca folga ten o domingo.

Se chove o domingo antes da misa, leva toda a semana de risa.

Se o domingo chove arredor da misa, pola semana adiante verás que risa.

Tantas oe a raposa pola semana, que o domingo non pode ir a misa.

[editar] Cantigueiro

A vida do carreteiro, / non hai vida como ela, / a semana no camiño, / o domingo na taberna.

A vida do carreteiro / non hai vida como ela: / a semana no carreto / e o domingo na taberna.

Adios, martes d’Antroido,/ adios, meu amiguiño,/ hasta domingo de Pascua/ xa non como máis touciño.

Cando ha de ser domingo, / domingo, cando ha de ser, / cando ha de ser domingo, / miniña, para te ver.

Cásate Xan en domingo, / estarás o luns de voda / e o martes traballarás / para que folgue túa dona.

Cásate, Xan, en domingo:/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ acabouse a festa toda.

Chamácheme moreniña, / éche do polvo da eira, / xa me verás o domingo / como a guinda na guindeira.

Chamácheme moreniña, / éche do polvo da eira, / xa me verás pra domingo / coma a guinda na guindeira.

Domingos é o meu amor, / a Domingos hei d'amar; / domingos son dias santos; / tódolos penso gardar.

Hoxe é sábado alegre, / mañán domingo trunfante, / pasado é lunes triste / para el pobre 'trabajante'.

O domingo fun á misa, / mirache para min e riche, / así a El Señor lle parezas / como a min me pareciche.

O mariñeiro o domingo / bo zapato e boa media, / o luns pola mañanciña / vai descalzo pola area.

Para o domingo que vén / lense as miñas moniciós / agora vanse acabando / as miñas murmulaciós.

Para o domingo que vén / sonche as miñas monicións, / con eso iranse acabando / tódalas marmuracións.

Perdín as miñas polainas / vindo o domingo da misa, / quen mas topou que mas volva / non sexan contos de risa.

Xaniño, Xaniño, Xan,/ perniñas de gavilán,/ andas engañando as nenas/ domingo pola mañán.


[editar] Días da semana:

Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo

[editar] Palabras relacionadas:

Calendario

Día

Semana

Mes

ano

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu