A Haia - Den Haag
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Haia (neerlandés: Den Haag, ou oficialmente, 's-Gravenhage) é a capital administrativa dos Países Baixos; localízase na parte occidental do país, na provincia da Holanda do Sur, da cal é tamén a capital. Cunha poboación de 465.000 (700.000 na área metropolitana) e unha área de aproximadamente 100 km², é a terceira maior cidade do Países Baixos, despois de Ámsterdam e Róterdam.