A vida por diante
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A vida por diante é unha serie de ficción emitida na TVG (Televisión de Galicia) e dirixida por Carlos Sedes. A vida por diante narra a vida de cinco mulleres que loitan por sacar adiante as súas familias despois de que o barco que tripulaban os seus homes afundise, ficando elas viúvas. Unha realidade galega abordada desde a óptica dramática, pero non exenta de humor. Esta non foi a historia das penurias de cinco familias, senón tamén o relato de novas ilusións, de quen, aínda co recordo da morte dun ser querido, ten toda a vida por diante. Protagonizada por Belén Constenla, Mela Casal, Olaia Salgado, Berta Ojea, María Salgueiro, Lino Braxe, Tamar Novas ou Víctor Mosqueira. A produtora foi Voz Audiovisual.
A vida por diante estreouse o 10 de xaneiro de 2006. Os seus capítulos teñen unha hora de duración.
Índice |
[editar] Actores e personaxes principais
- Mela Casal Como Sofía Fornas.
- Belén Constenla Como Lucía Torres.
- Víctor Mosqueira Como Bernardo Miguéns.
- Olaia Salgado Como Marta Iglesias.
- María Salgueiro Como Renata Hermo.
- Sara Vidal Como Mila Beiro.
- Xabier DeiveComo Eusebio Barreiro.
- Berta Ojea Como Aurora Mariño.
- Isabel Risco Como Cristina Fabeiro.
- Xosé Arca Como Roberto Vilas.
- Jorge Ricoy Como Chano Beiro.
- Irene Álvarez Como Alicia Suárez
- Tamar Novas Como Quique Beiro.
Outros actores que participaron nalgúns episodios da serie son: Miguel de Lira, Lino Braxe, Xavier Deive, Roberto Leal, Rebeca Montero, Flor Maceiras, Fely Mazano, Fernando Morán e Marta Pazos entre outros.
[editar] Equipo técnico
A serie está dirixida por Carlos Sedes e producida por Alfonso Blanco, David Martínez e Ramón Campos. Os seus gionistas son Ramón Campos, Raúl Dans e David Ríos.
[editar] Episodios
- A primeira temporada emitiuse entre o 10 de xaneiro de 2006 e o 11 de xullo do mesmo ano.
- A segunda temporada (en emisión actualmente) estreouse o 19 de setembro.