Víctor Mosqueira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Víctor Lorenzo Mosqueira é un actor galego nacido en Corme (A Coruña) en 1962.
Índice |
[editar] Biografía
Conta cunha extensa traxectoria interpertativa, que se desenvolve principalmente en teatro e televisión e en Galicia. Os traballos que lle deron maior popularidade nesta comunidade foron ó ser a metade do dúo cómico Mofa e Befa (que forma con Evaristo Calvo) e o seu papel de Francisco Taracido en Mareas vivas.
A nivel nacional converteuse nun rostro popular a raíz da súa participación na ficción de Antena 3 Un paso adelante entre 2002 e 2004.
Ten realizado así mesmo traballos como guionista cómico e produtor. Tamén participou nalgúns proxectos publicitarios e traballa como actor de doblaxe desde 1982.
[editar] Películas
- Un soño de verán (1992) (TV) (Como Acomodador/Farruco Gaitiñas.
- As xoias da Señora Bianconero (1994), de Jorge Coira.
- A metade da vida (1994), de Raúl Veiga.
- Gran liquidación (1995), de Jorge Coira.
- Cabeza de boi (1996), de José Carlos Soler. Como Tabernero.
- ¿A ti como se che di adeus? (1999),de Jorge Coira. Como Pedro.
- Era outra vez (2000), de Juan Pinzás. Como Nacho.
- El alquimista impaciente (2002), de Patricia Ferreira. Como Guardia Palomo.
- Entre bateas (2002) (TV), de Jorge Coira. Como Mecánico SVA.
- El regalo de Silvia (2003), de Dionisio Pérez. Como Juan.
- La promesa(2004), de Héctor Carré. Como Cura.
- Pataghorobí (2005) (TV), de Ricardo Llovo.
- Hai que botalos (2005), de Jorge Coira.
- Galatasaray-Dépor (2005), de Hannes Stöhr. Como Ladrón.
- Para que no me olvides (2005), de Patricia Ferreira. Como Antonio.
- Mia Sarah (2006), de Gustavo Ron. Como Manolo.
- A Biblioteca da iguana (2006), de Antón Dobao. Como Carlos.
[editar] Televisión
[editar] Personaxes fixos
- A Familia Pita (1996). TVG.
- Con perdón (1997). TVG.
- Mareas vivas (1998). Como Francisco Taracido. TVG.
- Apaga a luz(1999)
- Máxima audiencia (2004). TVG.
- As leis de Celavella (2003). Como Belisario. TVG.
- Un paso adelante (2002-2004). Como Cristóbal Soto . Antena 3.
- A Vida por diante(2006). Como Bernardo. TVG.
[editar] Personaxes episódicos
- Pratos combinados (1995). TVG.
- Periodistas (serie de televisión) (2001). Telecinco.
- Terra de Miranda (2001). TVG.
- Hospital Central (2005-2006). Como Miguel Romero (varios episodios). Telecinco.