Abdallah ibn Muhammad
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abdallah ibn Muhammad (tamén Abd Alláh ou Abd Allah) (844-912) foi un emir omeia de al-Ándalus de 888 a 912. Sobornou a un ciruxán para que matase ó seu irmán, Muhammad I, e sucedeulle no trono. O seu goberno viuse alterado polas constantes guerras entre tribus árabes, bereberes e muladíes. Realmente o seu poder coma emir limitouse ás terras cordobesas, pois o resto de provincias estaban gobernadas por familias rebeldes que non acataban a súa autoridade.
O fillo ó que nomeou sucesor foi asasinado por un irmán deste. Tras axustizar ó fillo asasino, Abd Alláh nomeou sucesor o seu neto e fillo do difunto sucesor, o futuro califa Abderramán III.