Aceiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O aceiro é unha aliaxe de ferro cun contido en carbono entre o 0,2 e o 1,8%. O aceiro é o material mais importante da nosa civilización e del están feitas a maior parte das ferramentas e máquinas.
[editar] Historia
Ao contrario do ferro, que desde as orixes da humanidade se ten atopado en pequenas cantidades na natureza procedente de meteoritos, o aceiro é un produto tecnolóxico humano de invención relativamente recente. En estado puro, o ferro é un material brando e de reducida utilidade, só ao alialo con carbono en porcentaxe superior ao 0,2% se converte nun metal duro e tenaz, apto para infinidade de usos. As primeiras pezas de aceiro obtiñanse collendo un pedazo de ferro candente e golpeandoo contra cinzas que se ian incorporando ao metal até acadar o grao de dureza desexado ou mantendoo durante tempo submerxido en carbón. Hoxe o aceiro obtense de duas materias primas: a gusa producida a partir de mineral nun alto forno ou da sucata ou ferro-vello transformada nunha aciaria eléctrica.