Acuicultura
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A palabra "acuicultura" ven do latín aqua: auga; e -cultura: cultivo.
A acuicultura é un conxunto de diferentes tipos de cultivos en función da especie, auga, clima, sistemas de cultivo, etc., e especialmente o cultivo de especies animais e vexetais na auga, frecuentemente peixes, crustáceos, moluscos ou algas destinados á alimentación humana ou animal; ainda que tamén á producción de especies ornamentais destinadas á acuariofilia, o cultivo de especies para a posterior elaboración de sustancias para a industria, repoboación e conservación de especies amenazadas, producción de perlas, etc.
[editar] Producción
Dous terzos da produción mundial corresponden a China. Segundo datos da Xunta de Galicia no ano 2002 había en Galicia 3.537 bateas, 1.200 parques de cultivo, 17 granxas mariñas, 37 granxas continentais e 5 criadeiros, cunha produción total de 267.000 toneladas (256.000 de mexillón)
[editar] Tipos de cultivos acuícolas
- Acuicultura de Moluscos Bivalvos.
É o cultivo de almejas, mexillóns, ostras, vieiras e outros moluscos bivalvos de gran importancia económica.
- Carpicultura.
É o cultivo da carpa común e outros Ciprínidos, especies de auga dulce non tropical.
- Camaronicultura.
É o cultivo das diferentes especies de camaróns que se leva a cabo en zonas costeiras.
- Acuicultura Mariña.
Cultivo de especies mariñas, tanto de peixes, como de algúns invertebrados, como o pulpo. Ten una gran importancia económica. No caso de moitas especies, a producción de cultivo case sustituiu por completo ás capturas pesqueiras.