Adelaide Casely-Hayford
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Adelaide Casely-Hayford (Freetown, 1868 - 1960) foi unha educadora e escritora de Serra Leoa.
Filla de pai anglo-fante e nai krío, educouse en Jersey, logo da morte do seu pai volta a Freetown en 1897. Casou en 1903 co activista panafricanista ganés Joseph Ephraïm Casely-Hayford e ao ano seguinte naceu a súa filla Gladys Casely-Hayford. Fundou a Escola Vocacional de Nenas en Freetown.
[editar] Obra
- Reminiscences, 1953
- Mista Courifer, 1961 (relato)
- My Life and Times, 1983 (póstumo)